O venres día 11 ás 15 horas tivemos unha reunión coas familias de Sexto de Primaria do Colexio Casa do Neno. Coñecer o proxecto educativo, os elementos de continuidade e resolver as dúbidas, foi o obxectivo da mesma.
Tamén tiveron ocasión de visitar algunha das instalacións nas que se desenvolve a vida académica de Secundaria.
A Comisión Pedagóxica formada por profesores de Primaria e Secundaria segue traballando para facer o cambio de etapa unha ocasión de crecemento para o alumnado. #XuntosEnCamiño