O vindeiro sábado 17 de maio celebrarase o Día das Letras Galegas, adicado nesta ocasión a figura de Xosé María Díaz Castro, poeta natural do Concello de Guitiriz e antigo alumno do Seminario Menor de Mondoñedo.
Con tal motivo, a nosa institución ven de organizar unha semana dedicada ao coñecemento da súa figura e da súa obra, compaxinando ás conferencias con outra serie de actividades. Ofrecemos dende aquí un pequeno adianto do programa para todos aqueles que nos podan acompañar:
Luns 12 de maio 11:00 h. Proxección e Charla sobre a Curtametraxe de Celso Emilio Ferreiro. Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago. Para tódolos cursos no Salón de Actos.
Martes 13 de maio 10:00 h. Charla-Coloquio sobre Educación Vial. Equipo de Educación Vial do Concello de Narón. Para tódolos cursos no Salón de Actos. Ás 12:00 h. Simuladores, circuítos e dinámicas sobre Educación Vial. Equipo de Educación Vial do Concello de Narón e Autoescola Mata. Para tódolos cursos no Pavillón e exteriores do Seminario.
Mércores 14 de maio 10:00 h. Conferencia sobre a figura e a obra de Xosé Mª. Díaz Castro. D. Segundo L. Pérez López; Deán da Catedral de Santiago. Para tódolos cursos no Salón de Actos.
Xoves 15 de maio 16:00 h. Festival das Letras: Proxección de curtos, lectura de poemas e interpretación de pezas musicais. Alumnos do Seminario Menor da Asunción. Para tódolos cursos no Salón de Actos.
Venres 16 de maio 12:30 h. Santa Misa. Para os alumnos de 2º de Bacharelato e as súas familias, na capela de San Xosé. Ás 13:30 h. Acto académico e imposición de becas. Para tódolos cursos no Salón de Actos.
Prepararase tamén unha pequena exposición didáctica coa vida de Xosé María Díaz Castro nunha das aulas de desdobre para visitar có alumnado ao longo da semana.