logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Archivos de Etiquetas: 2º ESO

Isto vai collendo forma

Publicada en 17 de diciembre de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Co inicio do Advento, o noso Seminario vai engalanándose para prepararnos tamén exteriormente de cara o Nadal. Ao longo da primeira semana quedaban preparadas os diversos espacios comúns, tales como capelas, corredores, biblioteca, sala de estudo, portería, comedores, sala de profesores, etc. Tras as notas da 1ª avaliación tocou tamén empezar a preparar as clases e algunhas das actuacións ou actividades dos últimos días do trimestre.

Pero non nos cansamos de repetir que a verdadeira preparación debe ser sempre a interior. Conscientes de esta chamada, nas clases de Relixión e Titoría dos cursos da ESO comezamos sempre coa mesma dinámica; a partir dos personaxes do Belén intentamos coñecer aspectos nos que nos podiamos preparar. Dun xeito individual, cada día foron saíndo numerosas peticións coa mesma cantinela: Neste tempo de Advento quixera aprender de… (o anxo, os pastores, San Xosé, a Virxe, do boi e maila mula, da estrela, dos pastores, de cada un dos reis magos…) a esperar a Xesús… (con humildade, dende a constancia, sendo tamén anuncio para outros, con alegría, recoñecendo a Xesús como o meu rei, perdendo o medo…).

Fermosas as oracións que cada alumno foi escribimdo e deixando despois no berce no que dende hoxe está a imaxe do Neno Xesús. Seguro que sobre estas peticións encontrará un lugar moito máis agradable que a mellor cama dun gran palacio.

Pinchando sobre a imaxe poderás ver algo máis de esta actividade… e acudindo as nosas redes sociais poderás atopar cada día algún rincón do Seminario engalanado para o Nadal.

Tecendo a historia

Publicada en 15 de diciembre de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Hai mes e medio comezaba en 2º da ESO o proxecto interdisciplinar Tecendo a historia, coa Idade Media como tema central. Se o inicio sempre é un “desafío”, o final é sempre unha celebración, unha “Festa da aprendizaxe”, posiblemente do mellor que un pode celebrar na vida.  E que foi o que aprenderon os nosos alumnos ao longo deste proxecto?

Por unha banda, na materia de historia, cómo era a sociedade nesa altura, qué era o feudalismo, as relacións de vasalaxe, quen eran os irmandiños…

No que atinxe á literatura, souberon de lendas moi ligadas á nosa cultura como as da raíña Lupa ou o Santo Graal e da poesía da época (cantigas de amigo, amor ou escarnio e maldicir, Cantar del Mío Cid…). Ligada á poesía, como non, tamén a música medieval (instrumentos, notación…). Ademais, temos a sorte de contar na biblioteca do noso centro con facsímiles fermosísimos de obras da época nos que os alumnos puideron aprezar a riqueza ornamental dalgunhas delas.

En canto á lingua, estudaron o nacemento das distintas linguas romances, no caso da lingua galega analizaron distintos textos que amosan a normalidade coa que se empregaba en todo tipo de documentos (administrativos, xurídicos, científicos…)..

Aprenderon tamén que, aínda que o fondo léxico tanto do castelán como do galego é o latín, hai tamén pegadas árabes ou xermánicas. De feito, unha palabra que define moi ben o que fixemos este último día é de orixe árabe, albaroque (comida coa que se celebra o remate dun traballo ou labor), do árabe Al-buruk. Ao rematar de explicarlles aos pais todo o traballo feito e os porfolios individuais, os nosos alumnos e alumnas tamén gozaron dunha merenda coa familia e profesores.

Así mesmo, houbo tempo para descubrir a que xogaban na época (xadrez, dados…) ou de construír na materia de tecnoloxía unha catapulta, arma empregada nas revoltas irmandiñas para a destrución dos castelos.

Lembremos que o nome do proxecto, Tecendo a historia, fai referencia ao Tapiz de Bayeaux (Francia), lenzo bordado do século XI, que describe os feitos previos á conquista normanda de Inglaterra, considerado, pola disposición e deseño das escenas, como o 1º cómic da historia. É por isto que o “produto final” do proxecto quixo ser algo semellante: ao xeito de tapiz, e de cómic, representa en escenas o aprendido nestes días. 

Esperemos que o tecido ao longo destes días, formase un fermoso tapiz co aprendido.

Begoña Campaña

Como é a cultura norteamericana?

Publicada en 14 de diciembre de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Este luns o noso alumnado da ESO recibiu a visita de Damien, un profesor irlandés que lles introduciu, desde unha perspectiva lúdica e gamificada, distintos aspectos da cultura americana.

Así puideron coñecer que as estrelas da súa bandeira, tamén chamada “Union Jack”, representan os 50 estados do país, que as 13 raias horizontais simbolizan as 13 colonias orixinais ou que os primeiros peregrinos chegaron en 1621 no “Mayflower” para poder vivir a súa relixión sen opresións. Un ano despois celebrarían unha festa para dar grazas pola súa primeira colleita, sendo a orixe de o día de “Acción de Grazas” ou “Thanksgiving day”.

Sen dúbida unha clase amena e distinta onde os nosos alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de potenciar a súa comprensión oral e apreciar outras culturas.

Rosana Constenla

Entrega de notas

Publicada en 11 de diciembre de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Por unha Escola sen violencia

Publicada en 13 de noviembre de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Nestes días, os alumnos e alumnas da ESO participaron nun obradoiro de sensibilización do bo trato baixo o epígrafe “ESCOLAS SEN VIOLENCIA”, un proxecto que nace na Fundación Educativa e Social Dignidade e que conta coa financiación da Fundación la Caixa.

Desenvólvese no marco da “Ley Orgánica 8/2021, de 4 de junio, de protección integral a la infancia y la adolescencia frente a la violencia” e con el quérense erradicar as condutas violentas no ámbito educativo promocionando o bo trato nas aulas e fóra delas.

Dende a Fundación Dignidade creen que a mellor forma de previr a violencia é a través da prevención do malestar persoal e social. Os contidos que se traballaron estarán asociados a: intelixencia emocional, educación en valores, empatía, comunicación, resolución de conflitos, violencia e acoso.

Agradecemos a cercanía e a profesionalidade do educador Benito, que nos acompañou nas diversas sesións.

Yolanda Gómez

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter