Nestes días, os alumnos e alumnas da ESO participaron nun obradoiro de sensibilización do bo trato baixo o epígrafe “ESCOLAS SEN VIOLENCIA”, un proxecto que nace na Fundación Educativa e Social Dignidade e que conta coa financiación da Fundación la Caixa.
Desenvólvese no marco da “Ley Orgánica 8/2021, de 4 de junio, de protección integral a la infancia y la adolescencia frente a la violencia” e con el quérense erradicar as condutas violentas no ámbito educativo promocionando o bo trato nas aulas e fóra delas.
Dende a Fundación Dignidade creen que a mellor forma de previr a violencia é a través da prevención do malestar persoal e social. Os contidos que se traballaron estarán asociados a: intelixencia emocional, educación en valores, empatía, comunicación, resolución de conflitos, violencia e acoso.
Agradecemos a cercanía e a profesionalidade do educador Benito, que nos acompañou nas diversas sesións.
Yolanda Gómez