O día 8 arrancabamos un novo ano escolar coa Inauguración do Curso 2022-2023. Día de nervios para os alumnos e alumnas que este ano se incorporaban ás nosas aulas e de risas e reencontros para os que xa levan un tempo con nós.
Tras unha primeira toma de contacto entre profesores e alumnos, a celebración da Santa Misa marcaba o momento central da xornada, á que se sumaba o Acto Académico e a Lección Inaugural, ó cargo de D. Juan A. Piteira, que nos disertou sobre o que supón un conflito bélico, baixo o título Cara un novo século de guerras?
No seguintes días houbo tempo para presentar as distintas materias e arrancar có traballo, atoparnos profesores e familias para resolver dúbidas, repartir equipacións e material ou iniciar algúns dos proxectos desta primeira parte do trimestre.
Sen dúbida algunha, este curso promete…