Estimadas familias:
A Xunta de Galicia ven de decidir a suspensión da actividade lectiva e extraescolar durante 14 días, como medida preventiva ante a pandemia de Coronavirus CoVid-19. A medida é obrigatoria a partires do próximo luns 16 de marzo e recomendada xa a partires de mañá, venres 13.
O Seminario suspende, pois, toda a actividade lectiva e extraescolar dende este mesmo momento, de xeito que durante a tarde de hoxe todos os alumnos poidan regresar ás súas casas.
Cando teñamos máis indicacións da Consellería de Educación sobre cómo xestionar este tempo sen clases, informaremos dos procedementos a seguir. En todo caso pola plataforma Educamos os alumnos xa irán recibindo indicacións do profesorado en cada materia. Lembren que sempre poden contactar polo enderezo electrónico de cada docente para aclarar as dúbidas que teñan e facilitar que o alumno non se vexa prexudicado no curso.
Reiteramos o noso desexo de unha pronta superación desta crise sanitaria, que será posible só coa colaboración de todos, coa observación das medidas de hixiene e das demais indicacións das autoridades públicas.
Como cristiáns, afrontemos estes días con esperanza e responsabilidade, e con un recordo especial para os enfermos e as persoas que coidan deles.
Un saúdo a todos.