San Tomé de Aquino é un dos grandes persoeiros intelectuais da Igrexa Católica, por iso, entre tantos patrocinios que ten no eido educativo, tamén é patrón dos estudos de Secundaria. Aínda que agora se celebra o Día do Ensino, no Seminario Menor seguímolo a festexar. Por iso, o venres 31, xuntámonos a participar na Eucaristía na que o Reitor glosou as figuras de san Tomé e de san Xoán Bosco –que se celebraba ese día- e fíxonos ver a importancia que estes dous santos seguen a ter hoxe en día en relación aos mozos e ao estudo.
Seguidamente, tivo lugar o Concurso de san Tomé. A introdución levounos aos marabillosos anos 20 do século pasado, realizada polos membros do grupo de teatro. Despois, cada curso, lembrounos un feito que se recorda este ano 2020: o videoxogo do “Comecocos” (o Pacman), Beethoven, os Beatles, o grupo “Nos” e Benito Pérez Galdós.
Finalmente tivo lugar o Concurso: 80 preguntas con 4 opcións para escoller a correcta e 10 segundos para respostar. As preguntas foron de cultural xeral, de temas actuais e dos vistos nas clases no primeiros trimestre, así como das actividades realizadas no Centro. O gañadorindividual foi o alumno de 1º de Bac, Iago García de la Cruz, e o curso gañador –despois de sumar as cinco mellores puntuacións de cada curso- foi 2º de Bac. Parabéns aos gañadores.
Comisión de san Tomé