A piques de arrancar coa Semana Santa, na que reviviremos os misterios da Paixón, Morte e Resurrección do Noso Señor, convén recordar algunhas datas significativas que nos afectan.
- Este xoves, día 11, ás 17:00 h. teremos unha reunión coas familias de 4º ESO.
- Tamén este xoves, día 11, non haberá estudio de tarde, pois participaremos na colación de ministerios no Seminario Maior.
- O venres, día 12, inicia o período non lectivo da Semana Santa.
- O luns, día 22, os alumnos internos incorporaranse antes das 20:00 h.
- O martes, día 23, iniciaranse as clases con total normalidade.
- O martes 23 e o mércores 24 terán lugar os exames de recuperación de materias pendentes de cursos pasados.
- Do xoves 25 ao martes 30, un grupo de alumnos de 4º ESO participarán na Peregrinación a Roma. O resto dos alumnos de 4º que non participan en dita peregrinación terán clase no horario de costume.