É moi común que se nos preguntan pola Ribeira Sacra pensemos inmediatamente na provincia de Ourense, no río Sil ou nos mosteiros de Santo Estevo de Ribas de Sil, San Pedro de Rocas e Santa Cristina de Ribas de Sil. Mais a Ribeira Sacra é moito máis, e nós quixemos descubrilo.
Na saída cultural deste martes poidemos coñecer xoias do románico como Santo Estevo de Ribas de Miño e san Paio de Diomondi. Sabías que en ambas portadas atopamos a man da escola do Mestre Mateo? Ou que en Santo Estevo existe unha cripta subterránea como a do Pórtico da Gloria? Sabías que San Paio seviu durante moito tempo como residencia de verán dos bispos de Lugo?…
A Ribeira Sacra ofrece unha concentración espectacular de antigos cenobios e grandes mosteiros. Ademáis dos anteriores, tamén pasamos preto de San Salvador de Ferreira de Pantón, onde continúan hoxe en día as monxas bernardas, e paramos ante o de Santa Clara de Monforte, tamén habitado, neste caso polas monxas da orde franciscana. Dende alí puidemos tamén contemplar o mosteiro de San Vicente do Pino (hoxe en día Parador de Turismo) ou o chamado Escorial galego, rexentado polos pais escolapios.
A contorna do río Miño é impresionante. Comprobámolo dende o impresionante embalse de Belesar ou percorrendo a pe o Sendero dos Codos, ata a zona do embarcadoiro. Dende alí, en autobús, continuamos paralelos ata a praia da Coba antes de ascender e poder comer contemplando as vistas do Cabo de Mundo. Precisamente, ante esa vista, realizamos a visita a unha das adegas máis importantes da Ribeira Sacra miñota, Abadía da Coba, onde nos expuseron todo o ciclo de elaboración do viño.
Sen dúbida, unha xornada sen desperdicio, moi educativa e agradable para todos.