Archivos de Etiquetas: alumnos
Menores nin unha gota
Nestes días comezamos en todos os cursos do Centro có programa educativo “Menores nin unha gota”, un programa de prevención do consumo de alcol en menores que conta có aval dá Universidade de Barcelona, a través dá Fundación Bosch i Gimpera.
Facémolo da man de Medea, educadora social que dende a suá profesionalidade traballa có obxetivo de educar en hábitos saudables e responsables.
Presente en moitas aulas dende o curso 2001-2002, o programa está dirixido e adaptado ó alumnado dá ESO e Bacharelato . Máis de 2.700.000 estudantes de entre 12 e 18 anos, participaron neste programa ao longo de case vinte anos de duración.
Agradecemos á Fundación Alcol e Sociedade, o traballo educativo que realiza.
Yolanda Gómez
Actividades arredor da lectura
Cambiamos de ano pero os bos costumes non os perdemos, así que as actividades arredor da lectura e a literatura seguen no noso Centro.
Por unha banda, o concurso Xente Lendo vai sumando selos no Pasaporte Lector. Un ano máis os alumnos compiten por ser “o máis lector” e gañar o premio final. Será algunha destas alumnas de 1º da ESO que amosan orgullosas os seus pasaportes?
Lembramos tamén o noso blog de lectura, no que se reflicten as distintas actividades relacionadas coa literatura que se desenvolven ao longo do curso e no que os alumnos comparten as súas escollas persoais. Botádelle un ollo, hai achegas ben interesantes.
E, por suposto, non esquecemos a creación, parte do alumnado anda a voltas neste momento coa presentación das súas composicións a distintos concursos literarios. Que teñan moito éxito.
Begoña Campaña


