logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Archivos de Etiquetas: curso 2014-15

Camiño de Santiago

Publicada en 13 de octubre de 2014 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Unha das novidades deste curso é a realización do Camiño de Santiago por etapas. Trátase dunha iniciativa que ven rondando nas nosas cabezas dende hai tempo; e é que, curiosamente, os que estamos máis preto da tumba apostólica somos moitas veces os que menos coñecemos o que acontece en torno a figura do Apóstolo: o fenómeno das peregrinacións e o camiño de Santiago pasan a ser para nós, en non poucas ocasións, uns grandes descoñecidos.D Julian peregrino_0228[1]

Despois de anunciarllo ás familias e a toda a comunidade educativa, poñemos en marcha esta andaina que dará comezo o domingo 12 de outubro e finalizará, Deus mediante, o domingo 10 de maio. Nela poden participar tódolos nosos alumnos (internos, externos e mediopensionistas), xunto coas súas familias, o profesorado e persoal do centro, así coma aqueles nenos e xóvenes que nos queran coñecer e están pensando na posibilidade de estudiar con nós nos vindeiros cursos.

Iremos informando previamente de todo o que atañe ás distintas etapas, aínda que hai unha serie de datos que son comúns e que expoñemos a continuación:

– Datas: Domingos 12 de otubro, 9 de novembro, 14 de decembro, 25 de xaneiro, 22 de marzo e 10 de maio.

– Etapas: Tui, Porriño, Redondela, Pontevedra, Caldas de Reis, Padrón e Santiago de Compostela.

– Material necesario: Calzado cómodo e forte, roupa de abrigo, chubasquero, botellín de auga, comida de cada día…

– Saída: Dende o Seminario Menor de Santiago, ás 8:30 h.

– Inscripcións: Por correo electrónico, indicando: nome e apelidos, idade, relación có Seminario. Dita inscripción deberá ser renovada antes de cada etapa, tendo coma data límite o xoves anterior á saída. Dirección: santiromero@smasuncion.es Sempre haberá correo de resposta para asegurar á inscripción. Ante calquer dúbida, podes escribir ao mesmo correo ou chamar ao 981 58 92 00.

– Prezo: Obviamente trátase dunha actividade gratuíta, pero é necesario que todos aportemos para dar resposta ás necesidades que temos, coma é o caso do autobús que nos levará e nos traerá cada día. Por iso pedimos unha aportación por persoa e día de 10 euros.

No caso dos seminaristas internos, estos non deben preocuparse pola cuestión da comida nin da aportación económica, pois entra dentro do horario no cal conviven no Seminario.Santiago.de.Compostela.Catedral.Noche[1]

Indicar ademáis que haberá sempre unha furgoneta de apoio ante ás dificultades que podan aparecer e na cal todos deixaremos a nosa comida para non ter que cargar con ela. Haberá distintas paradas segundo a dificultade de cada etapa para repoñer forzas.

Coma non podía ser de otro modo, ao inicio de cada etapa teremos unha breve catequese motivadora, oraremos xuntos e concluiremos á xornada, trala comida e o descanso, coa Eucaristía dominical. Trala celebración voltaremos ao noso punto de partida, no Seminario en torno ás 20:00 h. aínda que esta hora pode variar segundo ás dificultades de cada etapa.

Non dubides en participar e en animar a todos aqueles aos que esta experiencia lles poda facer ben e queran coñecer un pouco máis de cerca o que procuramos vivir no Seminario Menor.

 

Visitas culturais

Publicada en 6 de octubre de 2014 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

IMG_5479Na pasada reunión de pais adiantabamos algunhas das visitas culturais que se levarían a cabo durante o curso 2014-2015. Somos conscientes de que o principal nas horas lectivas é o estudio e a aprendizaxe na aula, pero tamén que a educación vai moito más aló destes ámbitos. O discernimento vocacional atópase sempre no noso horizonte e inspirando tódalas nosas tarefas, e dende este convencemento realizamos tamén outro tipo de actividades que exceden o meramente académico pero que se atopan ao servicio desta educación integral e cristiá que queremos ofrecer aos nosos alumnos.

Sabedores desta necesidade, a semana pasada os alumnos de 4º da ESO visitaban o Museo das Peregrinacións, recoñecendo así os cimentos auténticos da historia da nosa cidade e a nosa diocese. Santiago de Compostela nace e crece en torno a figura do Apóstolo, quen atraerá hata estas terras a milleiros de pelegríns ao longo dos séculos e favorecerá o nacemento de outras institucións adalides na promoción da cultura, como é o caso da Universidade. Nesta visita puideron comprobar a través de maquetas e exposicións todo o dito hata eiquí.

No caso dos alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO, a visita tivo lugar á Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal. Trala explicación sobre o sentido de ser, a distribución e o funcionamento dunha biblioteca, tiveron oportunidade de poñer en valor todo o aprendido mediante un xogo de pistas e probas na planta baixa do edificio.

Ás seguintes actividades de tipo cultural ao marxen do estrictamente académico serán xa nas nosas instalacións: a visita dun misionero comboniano dentro da campaña do DOMUND ou o testimonio médico e persoal de distintas figuras inmersas nos perigos das drogas, o alcohol e a estrada.

Coma sempre, recorda que en podes ver imáxenes destes acontecementos na galería fotográfica do propio blog que estás lendo.

1º Encontro da Escola de Familias

Publicada en 25 de septiembre de 2014 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

1º encuentro Esc FamRecordemos anotar nas nosas axendas que o vindeiro venres 3 de outubro daremos comezo a un novo curso na Escola de Familias do Seminario Menor. Insistimos en que é unha actividade aberta a todos aqueles que desexen participar nunha ou en varias das sesións, aínda que non garden ningunha relación co noso centro. É unha boa oportunidade para invitar a aqueles compañeiros e coñecidos aos cales tamén lles atañen estos temas.

Á primeira sesión versará sobre a nova lei de educación: a LOMCE, que comezará paulatinamente na secundaria a partires do curso 2015-2016.

Diversas actividades

Publicada en 25 de septiembre de 2014 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

D Julian peregrino_0136[1]Recordamos aos pais que, tal e como adiantabamos na reunión do pasado venres, os estudos para externos e mediopensionistas xa comezaron este luns. Na carta que se lles enviou por medio dos seus fillos pídesenos que se indique por escrito tanto se veñen coma se non. Segundo as indicacións recibidas a día de hoxe procedemos a indicar no SGD a súa asistencia.

Do mesmo xeito recordamos que as actividades extraescolares darán comezo na semana do 6 de outubro, polo que todavía estamos a tempo de anotarnos a aquelas que sexan do noso agrado.

En canto ao Camiño de Santiago por etapas, pronto daremos unha indicación detallada. Tan só recordarlles que a primeira data será o domingo 12, de Tui a Porriño. Sairemos en torno ás 8:30 h. do Seminario, comeremos bocadillo polo camiño, celebraremos xuntos a Eucaristía dominical e voltaremos en torno ás 20:00 h. Poden participar os alumnos matriculados neste curso, antigos alumnos, rapaces interesados en estudiar no noso centro, así como as súas familias, o profesorado e o persoal non docente desta casa.

Primeiros días…

Publicada en 17 de septiembre de 2014 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

la foto 1 (4)O pasado luns día 15 dabamos comezo ao novo Curso escolar 2014-2015. Xa dende os días previos o profesorado víñase preparando para esta nova etapa coas súas programacións particulares e con un interesante cursiño sobre o TDH para coñecer o novo protocolo que a Xunta de Galicia acaba de aprobar.

Tralo inicio das clases e a primeira toma de contacto, a Santa Misa de Invocación ao Espírito Santo dou paso ao Acto Académico e a Leción Inaugural. Nela, o profesor Dorelle Iglesias disertou sobre a figura de Santa Teresa de Xesús (a gran santa avulense da que se cumpren cincocentos anos do seu nacemento) e a súa relación coa arte.

Uns bos inicios para un novo trimestre que se presenta con moitas novidades. De todas elas teremos oportunidade de ser informados na Reunión de Pais deste venres día 19, no salón de actos, ás 16:00 h.

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter