logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Archivos de Etiquetas: exposición

No Mes das Letras Galegas

Publicada en 23 de mayo de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

No Mes das Letras Galegas os distintos cursos están a traballar na obra do autor homenaxeado este ano: Florencio Delgado Gurriarán. Hai varias semanas que os nosos corredores están documentados cunha exposición biográfica e biblográfica, que o noso alumnado irá enriquecendo coas súas achegas.

Os primeiros en facelo foron os alumnos e alumnas de 1º da ESO que, seguindo as numerosas mostras de poesía paisaxística de Florencio Delgado, elaboraron un compendio de léxico da paisaxe natural, titulado “As palabras de Florencio”. Vémolos aquí, orgullosos do traballo feito.

A Florencio Delgado coñéceselle como “O poeta do viño” porque retrata en moitos dos seus poemas todo o mundo que rodea a vendima e o prezado viño da súa Valdeorras natal e das ribeiras do Sil en xeral. É por isto que os rapaces de 2º da ESO están centrados no extenso léxico ligado a este tema, de longa tradición na historia da literatura universal.

O labor de activista cultural que Florencio Delgado Guarriarán desenvolveu no exilio é o tema tratado polo grupo de 4º da ESO. Tralo traballo de investigación sobre a situación sociolingüística, estano a plasmar nunha actividade de “Compara e contrasta”. En dous paneis distintos reflíctese a diferente situación que vivía a lingua e a cultura en lingua galega na posguerra en Galicia e no exilio americano, nomeadamente en México, onde o noso autor se instalou. O alumnado de 4º  vai comparando e contrastando as diferentes situacións: as normas legais contra a nosa lingua ditadas polo franquismo fronte á denuncia ante a UNESCO presentada polos exiliados; da inexistente publicación de obras literarias ou celebración de actos públicos na nosa lingua á frenética actividade cultural en Buenos Aires, La Habana ou Veracruz; das multas por desenvolver determinadas actividades en lingua galega, como as misas, á celebración da primeira misa en galego, aprobada polo cardeal Quiroga Palacios. Historias que teñen que ver coa propia vida do noso centro pero tamén con Florencio Delgado, do que se conta a profunda emoción coa que asistiu á súa primeira misa na lingua propia.

Pola súa banda, o alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato centraranse nas referencias á literatura universal e galega presentes na poesía do autor, desde Homero á materia artúrica ou ao celtismo, así como as súas traducións de autores franceses e ingleses.  

Begoña Campaña

Oramos pola Paz ante Xesús Sacramentado

Publicada en 28 de marzo de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Cada trimestre, toda a comunidade educativa do Seminario Menor ten a oportunidade de orar con calma ante Xesús Sacramentado na Exposición prolongada do Santísimo, dando comezo ás 8:30 h. da mañá e concluíndo coa Bendición ás 17:40 h. da tarde.

Nesta ocasión, unímonos ao chamamento que facía o Papa Francisco, aínda que adiantándonos unhas horiñas, para levar a cabo a chamada 24 horas para o Señor. Tamén nos quixemos unir á Consagración de Rusia e Ucraína ao Inmaculado Corazón de María, tal e coma, fai xa 100 anos, Nosa Señora pedía a través dos pastoriños de Fátima.

Tempo pausado para poñernos diante de Deus, presentar as nosas súplicas e intentar abrir o oído do corazón para saber o que El quere de nós.

Jules Verne, protagonista da Semana Cultural

Publicada en 21 de febrero de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Tras el parón realizada el curso pasado a causa de la pandemia, el Seminario Menor de Santiago acaba de retomar su Semana Cultural en honor a San Rosendo, y lo ha hecho poniendo en valor la figura de Julio Verne.

Para ello, han contado con la intervención de José Garabatos, miembro de la Sociedad Jules Verne de Vigo y de la Sociedad Hispánica Jules Verne, quien les ha introducido en el maravilloso mundo del escritor, poeta y dramaturgo francés.

Gran adelantado en muchos aspectos a su tiempo, el autor tuvo una estrecha relación con la ciudad de Vigo, en cuya ría se adentra el Nautilus del Capitán Nemo en sus 20.000 leguas de viaje submarino. Con tal motivo, la comunidad escolar se ha desplazado en esta jornada a la isla de San Simón para descubrir sus secretos y recorrer en barco la ensenada de Rande.

La inauguración se ha completado con distintas actividades de educación vial y la apertura de sendas exposiciones en torno a Julio Verne, al cardenal Quiroga, a Carmen Laforet y al grupo de teatro del Seminario, quien se encuentra ultimando los detalles de la representación de una de las obras más conocidas de Verne: La vuelta al mundo en 80 días.

Aquí os quedan algunas imágenes de esta primera jornada.

Chega unha nova edición da Semana Cultural

Publicada en 20 de febrero de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

O libro obxecto

Publicada en 27 de mayo de 2021 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Nestas semanas librescas que levamos andadas dende o mes de abril, encerellados na literatura, nas letras da poesía e da prosa, aproveitamos para atravesar as fronteiras dos seus territorios afíns, para visitar os seus veciños, a música, a pintura… e ver das relacións de amizade que manteñen entre eles. E resulta que poñemos moita atención no contido, en desentrañar os sentidos de tal poema, de tal canción ou  de tal cadro, o que quixeron os autores que entendésemos nós, e pouca ou ningunha no continente, no soporte que nos achega a ficción ou a realidade, a reflexión ou a evasión, o pasado ou o presente ou o futuro que virá. Ninguén que decotío viva entre libros, e todos vivimos entre libros dun xeito ou doutro, repara nese obxecto composto dunha presa de follas encadernadas que seguramente é, ao mesmo tempo, o artefacto máis sinxelo e o máis sofisticado de todos cantos se teñen creado.

Picados pola curiosidade, o grupo de latín de 4º de ESO andou indagando sobre o caso e, tirando do fío do libro VI das Etimoloxías de san Isidoro de Sevilla, empezaron investigando sobre o significado da mesma palabra “libro”, pois coñecer o sentido das  palabras case sempre aclara todo; seguiron despois cos diferentes soportes e materiais (táboas de cera, papiro, pergameo), para descubrir  como o primeiro monopolio da Antigüidade levou ao primeiro conflito de patentes da historia entre as cidades de Pérgamo e Alexandría; e remataron as súas pescudas vendo a evolución e o perfeccionamento deste aparello co paso do “rolo” (volumen) ao “códice” (codex).

Cos resultados do seu traballo prepararon uns paneis que están expostos nos corredores do claustro. 

Xosé Manuel L. Regueiro

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter