O Seminario Menor adica a xornada deste mércores ao teatro. Será o propio grupo de teatro do centro o encargado de representar Dez Negriños, unha das obras clave da gran Ágatha Christie.
A sesión da mañá, para escolares, xa ten cuberto o cupo, pero a da tarde sigue aberta para cantos queiran participar. A partires das 18:30, e cun fin solidario, cada entrada consistirá nun quilo de alimentos que despois serán entregados a institucións de caridade da nosa cidade.
A maiores, os alumnos do centro, terán distintas visitas culturais, tanto á Catedral coma ao Museo de Ciencias Naturais da USC. Onte achegáronse tamén ata a Cidade da Cultura para visitar Galicia, un relato no mundo.
A xornada completarase cun coloquio deportivo con Pablo Graña e Noel Domínguez, dous grandes do piragúismo, a partires das 13:00 horas e totalmente de balde.