A Semana das Letras Galegas chegou ao seu fin cunha emotiva despedida aos alumnos de 2º de Bacharelato. Non se trata dunha despedida en toda regra, posto que o mércores volverémolos a ver para a entrega de notas e a partir do xoves comezaranse a preparar para as probas da Selectividade. Tratouse dun acto sinxelo pero moi emotivo, tanto por parte do Señor Reitor (que na Eucaristía de Acción de Grazas resaltou a profunda pegada que deixa esta promoción), como por parte do Titor, do Padriño e dos Alumnos que interviron durante a imposición de becas. Mostra diso será o discurso de D. Tino que colgaremos nesta páxina nos próximos días.
Pero tamén foron outros os actos celebrados no Seminario ao longo da semana. Na mañá do mércores, o Deán da Catedral, D. Segundo L. Pérez, disertou con nos sobre a figura de Díaz Castro, ao que lle une non só a amizade persoal, se nón o ter nado na mesma localidade e estudado no mesmo Seminario. Dunha forma amena fíxonos un fermoso percorrido pola súa vida, os seus principios e a súa obra.
Na tarde do xoves chegou o momento do Festival das Letras, no que compaxinamos distintas proxeccións coa lectura de poemas de Xoxé Mª. Díaz Castro e a actuación musical de varios alumnos do centro, acompañados de distintos amigos que quixeron botar unha man. Vaia dende aquí o noso agradecemento a D. Alberto Fraile e Dª. Yolanda por coordinar este acto e a tódolos alumnos que nel interviron.
Coma sempre, na sección de fotos poderedes atopar distintas instantáneas destes días.