Recordamos aos pais que, tal e como adiantabamos na reunión do pasado venres, os estudos para externos e mediopensionistas xa comezaron este luns. Na carta que se lles enviou por medio dos seus fillos pídesenos que se indique por escrito tanto se veñen coma se non. Segundo as indicacións recibidas a día de hoxe procedemos a indicar no SGD a súa asistencia.
Do mesmo xeito recordamos que as actividades extraescolares darán comezo na semana do 6 de outubro, polo que todavía estamos a tempo de anotarnos a aquelas que sexan do noso agrado.
En canto ao Camiño de Santiago por etapas, pronto daremos unha indicación detallada. Tan só recordarlles que a primeira data será o domingo 12, de Tui a Porriño. Sairemos en torno ás 8:30 h. do Seminario, comeremos bocadillo polo camiño, celebraremos xuntos a Eucaristía dominical e voltaremos en torno ás 20:00 h. Poden participar os alumnos matriculados neste curso, antigos alumnos, rapaces interesados en estudiar no noso centro, así como as súas familias, o profesorado e o persoal non docente desta casa.