Archivos de Etiquetas: extraescolar
Encontro do Arcebispo cos mozos
Camiño de Santiago
O vindeiro sábado teremos una nova edición da nosa particular andaina: A realización por etapas do Camiño francés a Santiago, neste caso no tramo comprendido entre Triacastela e Sarria.
Animamos dende aquí a tódolos amigos do Seminario a non pereder esta ocasión de disfrutar, nun ambiente máis distendido, deste encontro de pais, alumnos, profesores e persoal.
Recordamos, a continuación, os xa tradicionais datos de interese:
– Etapa: Triacastela-Sarria, pola variante de Samos
– Material necesario: Calzado cómodo e forte, roupa de abrigo e para cambiarse (se nos mollamos), chubasquero, botella de auga, comida de cada día…
– Saída: Dende o Seminario Menor de Santiago, ás 8:00 h.
– Inscricións: Por correo electrónico, indicando: nome e apelidos, idade, relación có Seminario. Dirección: santiromero@smasuncion.es Sempre haberá correo de resposta para asegurar a inscrición. Ante calquera dúbida, poden escribir ao mesmo correo ou chamar ao 981 58 92 00.
– Prezo: Obviamente trátase dunha actividade gratuíta, pero é necesario que todos aportemos para dar resposta ás necesidades que temos, coma é o caso do autobús que nos levará e nos traerá cada día.
– Poden participar: Tódolos nosos alumnos (internos, externos e mediopensionistas), xunto coas súas familias, o profesorado e persoal do centro, así coma aqueles nenos e mozos que nos queiran coñecer e están pensando na posibilidade de estudar con nós nos vindeiros cursos.