Dentro do programa establecido, este domingo, 10 de maio, teremos unha nova etapa do Camiño de Santiago. As únicas novedades residen en que, a proposta dun nutrido grupo de peregrinos, desdoblaremos a etapa en dúas. Dito domingo faremos a etapa dende Padrón ata Milladoiro, e no primeiro fin de semana de xuño a tramo restante, ata Santiago, para chegar con calma á celebración eucarística na Catedral e comer todos xuntos.
Con tal motivo, a saída deste domingo será ás 9:30 da mañá, e non ás 9:00, coma era costume noutros días. Do mesmo xeito, recordar que na última etapa, moito máis levadeira, poden anotarse tódolos alumnos e familias que o desexen, índa que non participaran en ningunha das etapas anteriores.