No Seminario Menor estamos inmersos no Mes das Letras. Do 23 de abril, Día do Libro ao 17 de maio, Día das Letras Galegas, moita da actividade do Centro xira en torno ao libro, a literatura e a normalización da lingua galega nun sentido amplo. Visitas a bibliotecas, xogos de pistas literarios, exposición de libros, de fotografías, o amigo invisible, os 25 anos do Xabarín, os 40 da revista Encrucillada… E tamén, como non, afondamos na figura homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas: Antón Fraguas. Esta tarde teremos con nós ao historiador don Clodio González Pérez, membro destacado do Museo do Pobo Galego, que nos axudará a entender mellor o inmenso labor cultural levado a cabo por Fraguas.
Queres participar con nós? Agardámoste!