logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Archivos de Etiquetas: oración

Acto mariano

Publicada en 25 de mayo de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

O mes de maio é tradicionalmente chamado o mes de María. Son moitas as institucións e comunidades que ollan dun xeito especial á nosa Naiciña nestes días e celebran no seu honor distintas festas. Unha delas, con gran arraigo popular, é a da Nosa Señora de Fátima.

Conmemórase nestas datas o L aniversario da fundación do Apostolado Mundial de Fátima na nosa diocese e, con tal motivo, a imaxe pergrina de Nosa Señora está a percorrer a nosa cidade durante este mes. Parroquias, hospitais, conventos, asilos e comunidades educativas son testigos desta visita. Onte foi o turno do Seminario Menor.

Na primeira hora, da man dos distintos profesores, os alumnos foron coñecendo a historia e a mensaxe destas aparicións que comezaron en Portugal e (aínda que para moitos, descoñecido) acabaron en Galicia. Fixérono a través do exposto nas aulas e dun vídeo preparado para tal acontecemento.

Despois chegou o momento de acoller todos xuntos a imaxe peregrina da Virxe para dar paso a distintos encontros por cursos nos que rezamos coa oración do Santo Rosario. A xornada concluiu coa procesión ata o convento das Nais Dominicas, onde quedou a imaxe ata a súa marcha ao Hospital Provincial.

Feliz e Santa Semana!

Publicada en 2 de abril de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Día do Seminario

Publicada en 19 de marzo de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Festexando ao noso Copatrón

Publicada en 5 de marzo de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Fai xa dez anos, alá polo 2013, que para honrar ao copatrón do Seminario Menor quixemos dar paso ao inicio dunha Semana Cultural no noso Centro. Certamente, observaredes que a titular, e quen da nome á nosa institución, é Nosa Señora, a Nai de Deus, a quen invocamos contemplándoa na súa Asunción aos ceos. Pero tamén é certo, que non se nos escapa que a construción deste edificio que nos acolle iniciou a súa andadura un 1 de marzo do ano 1953, festa de San Rosendo. Non era casualidade; recollíase así o desexo do Cardeal Quiroga Palacios, o noso fundador, de encomendar esta institución ao coidado dun dos grandes santos da Galicia medieval.

Para refrescar a memoria, digamos que San Rosendo, nado en Santo Tirso (no norte do actual Portugal) no ano 907 no seo dunha familia nobre, foi un dos grandes persoeiros da nosa terra. Coma a el lle gustaba repetir, era un simple monxe por vocación, mais tamén chegaría a ser bispo por obediencia. Efectivamente, compaxinou a súa vida monacal en Portomarín e no mosteiro de Celanova (fundado directamente por el) coa atención das dioceses do que hoxe son Mondoñedo e Santiago de Compostela. A súa figura pasou a ser un referente da época tanto no plano político (pois chegaría a ser virrei de Galicia) coma relixioso (xa que numerosos mosteiros da propia Ribeira Sacra tomarán a súa entrega a Cristo como modelo a imitar). Non nos debe estrañar pois que o seu legado chegue ata os nosos días.

Dende o Seminario unímonos a este celebración e damos grazas a Deus pola súa vida. Fixémolo a comunidade de seminaristas coas Primeiras Vésperas Solemnes, na tardiña do xoves, e toda a comunidade escolar, cos distintos actos do venres. Tras unha fermosa conferencia de Dª. Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, celebramos a Eucaristía presidida polo Sr. Arcebispo e concelebrada, entre outros, polo Sr. Bispo Auxiliar. A xornada rematou cun xantar de confraternidade.

Pinchando sobre a imaxe poderás ver distintos momentos da xornada.

X Semana Cultural na honra de San Rosendo

Publicada en 25 de febrero de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Luns 27 de febreiro:

  • 11:00 h. Inauguración da X Semana Cultural de San Rosendo:
    • Conferencia inaugural: Ribeira Sacra, un mundo por descubrir. D. Xosé Gago, Arqueólogo e Xestor Cultural do Concello da Pobra do Brollón.
    • Apertura e visita das exposicións:
      • Unha ollada ao pasado da diocese compostelá. Fondo fotográfico do Profesor Salvador Ares Espada.
      • Unha ollada á Ribeira Sacra dende o Seminario Menor.
  • 16:00 h. Kahoot da Ribeira Sacra.

Martes 28 de febreiro:

  • 9:00 h. Saída Cultural á Ribeira Sacra: (Regreso ás 20:00 h.)

Mércores 1 de marzo:

  • 12:00 h. Coloquio deportivo có atleta e olímpico Frank Casañas
  • 13:00 h. Competicións deportivas

Xoves 2 de marzo:

  • 16:00 h. Celebración da Aprendizaxe coas familias
  • 20:00 h. I Vésperas Solemnes de San Rosendo

Venres 3 de marzo:

  • 11:00 h. Acto Académico
    • Conferencia: Ribeira Sacra: historia, arte e proxección de futuro. Dª. Alexandra Seara Sobrino, Xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.
    • Recapitulación e palabras do Sr. Reitor.
  • 12:00 h. Santa Misa na honra de San Rosendo. Preside o Sr. Arcebispo D. Julián Barrio Barrio

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter