Este sábado, nas vésperas de Pentecoste, un grupiño de alumnos de 4º ESO recibiron o sacramento da Confirmación da man do noso Arcebispo, nunha celebración que tivo lugar na Catedral Compostelana.
As circunstancuias actuais, coas restriccións de aforo, impediron que puidesen ser acompañados pola comunidade escolar que, nembargantes, estaba representada polo equipo formativo e as familias dos confirmados.
Noraboa a Alejandro, Manuel Nicolás, Adrián, Cristian, David, Manuel, Lois, Diego, Brais e a súa irmá Carla. Pedimos que a fe na cal vos confirmáchedes non deixe de medrar en vós para ser testemuñas do amor de Deus e semente do Reino.