Nestes días, algún alumno preguntaba se non faciamos nada especial no Seminario Menor nestas datas… A nosa resposta, como poden imaxinar, foi clara e directa: Por suposto que si. Pero a continuación tamén lanzamos outra pregunta… que estamos a celebrar?
E é que nos últimos anos estase a poñer de moda unha costume que copiamos sen pararnos a reflexionar que é o que encerra. Por tal motivo, non está de máis analizalo con calma, aínda que o redactemos dun xeito breve.
O día 1 de novembro, os cristiáns celebramos a Solemnidade de Todos os Santos. É unha ocasión para caer na conta da alta meta á que estamos chamados: nin máis nin menos que á santidade, que non se trata de que o fixeramos todo ben, se non da oportunidade que temos de participar da bondade, da santidade, do amor misericordioso do noso Deus. Neste día proclamamos que son moitos os que xa participan desta realidade, no ceo, non soamente os canonizados oficialmente por a Igrexa, senón tamén todos aqueles que pasaron máis desapercibidos e que nos foron cercanos, pero gozan xa da vida eterna.
Nesta liña, cada vez son máis as comunidades cristianas que nestas xornadas mergúllanse nas vidas dos santos e incluso animanse a se caracterizar como tales. Iso é celebrar a santidade.
Por outra banda, o 2 de novembro, conmemoramos aos Fieis Defuntos. Do mesmo xeito, que recoñecemos e acudimos a protección de aqueles que xa gozan da vida eterna, tamén queremos nós interceder e orar por os defuntos que rematan de prepararse e purificarse para entrar nesa vida. O que celebramos non é, por tanto, a morte, nin o medo, nin a escuridade, senón a Vida, a Esperanza e a Luz que é Cristo.
Con tal motivo, invitámolos a unirse en acción de grazas por este don e a seguir orando, dende a esperanza de que a morte foi vencida. Nós farémolo, como comunidade escolar, na xornada do martes. Na Eucaristía pediremos ao noso Deus por aqueles que xa faleceron e daremos grazas polo testemuño de fe de tantos que nos precederon.