Cuarenta son os anos que leva D. Manuel García Mata impartindo clase no Seminario Menor de Santiago. E sete foron os anos que aquí pasou de alumno… Toda unha vida adicada a esta institución.
Por iso, ao chegar o momento da xubilación, non podemos menos que repetir grazas por esta entrega. Grazas a Deus por poñelo no noso camiño, grazas á súa familia por compartilo con nós, grazas a el polo seu bo facer entre alumnos, profesores e formadores.
As circunstancias actuais non nos permiten facer unha despedida como a que merece, pero agardamos poder volver a reunirnos para facelo dentro duns meses. Polo de pronto, aquí vos deixamos algunhas das entradas que compartimos nestas últimas horas. En pouco tempo, foron mais de tres mil as visualizacións e varias ducias de comentarios deixados por antigos alumnos e compañeiros. Sinal do moito que o apreciamos. Non deixedes de facelo!
Recopilatorio de imaxes