Archivos de Etiquetas: seminario
Carta do Director espiritual
Neste cuarto domingo de Coresma, Xesús dinos que El é a luz do mundo. Estes días son para todos coma una noite. Parecemos cegos que non sabemos por onde ir nin que facer. Que difícil é tamén ver a presenza de Deus neste acontecemento, nembargante a súa man está a pousarse nos nosos ollos e tamén no noso corazón. Quere que vexamos nitidamente. Poida que algún de nós volva a El os seus ollos pedíndolle ver. Non nos agochemos do Deus que ven ao noso encontro nos nosos medos e vacilacións.
Somos agora o cego do Evanxeo que necesita que Xesús o cure. Por iso anímovos a dicir coma o cego: “Si, creo”, para que renove en cada un de nós a fe. O cego saíu da súa noite. Nós temos a esperanza de ir xa camiñando á luz, á luz da vida normal que botamos en falla.
Seguide a rezar os uns polos outros, polas nosas familias, polos enfermos e por todos aqueles que poñen a súa vida ao noso servizo, especialmente á xente que traballa na sanidade, sen esquecer, por suposto, aos que faleceron.
Virxe María, saúde dos enfermos, roga por nós.
O Diector Espiritual
Día do Seminario
Aínda que estos días están a ser para a maioría de nós uns días diferentes, con horarios e rutinas totalmente extraordinarios, o calendario segue o seu curso.
Hoxe, 19 de marzo, festa de San Xosé, a Igrexa celebra o Día do Seminario. Ao tempo que nos acordamos de felicitar aos nosos pais e lles damos as grazas por canto teñen coidado de nós, tamén poñemos a nosa mirada no esposo da Virxe María. A el tamén lle tocou velar polo fogar de Nazaret no que se formou Xesús e segue a velar e coidar deses outros fogares nos que xermola a vocación sacerdotal e que son os seminarios.
Pidamos, polo tanto, neste día, polos nosos fogares e familias, que están a vivir unha especial cercanía a causa das medidas sanitarias, pero sen olvidarnos tamén desa outra gran familia que é o Seminario; aínda que a cercanía física sexa complicada vivila nestes momentos, seguimos unidos a través dos medios tecnolóxicos e, o que é máis importante, no noso Pai, que está nos ceos, pero coidando dos que estamos na terra.
Bo día a todos!!!


