Neste cuarto domingo de Coresma, Xesús dinos que El é a luz do mundo. Estes días son para todos coma una noite. Parecemos cegos que non sabemos por onde ir nin que facer. Que difícil é tamén ver a presenza de Deus neste acontecemento, nembargante a súa man está a pousarse nos nosos ollos e tamén no noso corazón. Quere que vexamos nitidamente. Poida que algún de nós volva a El os seus ollos pedíndolle ver. Non nos agochemos do Deus que ven ao noso encontro nos nosos medos e vacilacións.
Somos agora o cego do Evanxeo que necesita que Xesús o cure. Por iso anímovos a dicir coma o cego: “Si, creo”, para que renove en cada un de nós a fe. O cego saíu da súa noite. Nós temos a esperanza de ir xa camiñando á luz, á luz da vida normal que botamos en falla.
Seguide a rezar os uns polos outros, polas nosas familias, polos enfermos e por todos aqueles que poñen a súa vida ao noso servizo, especialmente á xente que traballa na sanidade, sen esquecer, por suposto, aos que faleceron.
Virxe María, saúde dos enfermos, roga por nós.
O Diector Espiritual