logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto

Archivos de Etiquetas: seminario

Por terras de Castela

Publicada en 6 junio, 2019 de Seminario Menor Publicado en: Noticias


Aproveitando a festividade e maila ponte da Ascensión na nosa cidade, a comunidade de internos do Seminario Menor pasamos uns días de convivencia por terras de Castela.

O pasado xoves, tras unha parada para xantar en Tordesillas, chegamos ata a cidade de Ávila, o noso centro de operacións. Hubo tempo durante estes días para coñecer a súa muralla, principais rúas e prazas, celebrar a Eucaristía e coñecer a súa catedral, achegarnos á figura de Santa Teresa de Jesús nos conventos da Encarnación, San José e da Santa, etc. Unha gran acollida, sen dúbida, a que nos brindaron os sacerdotes e o Seminario avulense, no que nos hospedamos,

Dende alí desprazámonos tamén a outras poblacións; a primeiro delas,  en Sotillo de la Adrada, donde as agustinas da conversión están en pleno proceso de construcción dun novo mosteiro que acolla á esta comunidade de monxas que non deixa de medrar coa chegada constante de novas vocacións. O encontro con parte da comunidade, dunha forma sinxela  e impactante, foi do máis comentado entre nós; impresiona ver a tanta xente nova, coa cal nos podíamos identificar, falarnos da súa propia vocación. A xornada do venres rematou cun baño nas piscinas naturales do Val do Tiétar.

A xornada do sábado transcurriu na Comunidade de Madrid. Polo mañá visitamos e celebramos a Eucaristía co resto de peregrinos no Cerro de los Ángeles, dende onde, fai ágora 100 anos, o rei Alfonso XIII consagraba España ao sagrado Corazón de Xesús. Tralo xantar, chegou o momento de visitar un dos monumentos máis sobrecolledores que nos podemos atorar: o mosteiro de San Lorenzo do Escorial.

Por último, a xornada do domingo non podía ser de menor intensidade que as pasadas; quedounos claro ao chegar ao mosteiro do Sagrado Corazón de Cantalapiedra, que o día anterior inauguraba un ano xubilar có gallo do centenario da súa fundación. Alí quixémonos facer presentes para acompañar a Klara, natural do Milladoiro e coñecida por moitos de nós, que ingresaba ese día na clausura das irmás clarisas. Un novo testemuño vivo de entrega a Deus a través da vida relixiosa que tamén a nós nos fai pensar… Qué querrá o Señor de min?

Podes atopar tódalas fotografías no Facebook do Seminario.

Triste noticia

Publicada en 6 abril, 2019 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Moitas veces repetimos que unha das oportunidades que nos da ser un centro pequeno é a facilidade para establecer fortes lazos de amizade e familiaridade entre cada un de nós. Por iso, cando un membro da nosa comunidade se alegra, somos quen de alegrarnos con el; e cando un membro da nosa comunidade sofre, sofrimos con el.

Onte chegaba a nós a triste noticia da morte prematura do fillo de Dª. Ángela, unha das nosas coñiceiras, que leva coidando de moitas xeracións de seminaristas e sacerdotes. Con escasos 22 anos, e como consecuencia dun accidente de tráfico, tan só nos queda agora rezar por el e pola súa familia, mostrando a nosa cercanía e cariño nestes díficiles momentos.

Conscientes do querida que é esta familia polos que formamos agora ou noutros tempos esta comunidade educativa, consideramos unha obriga informar desta triste noticia e invitar a todos a unirnos na oración e, na medida das posibilidades, na celebración do enterro que terá lugar este domingo, día 7, ás 18:00 horas, na parroquia de Santa María de Castrofeito. Descanse en paz.

Queres coñecer o edificio do Seminario Menor por dentro?

Publicada en 16 marzo, 2019 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Encontro de Antigos Alumnos e Amigos do Seminario

Publicada en 4 marzo, 2019 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Como colofón da súa Semana Cultural, o Seminario Menor ven de celebrar o Encontro de Antigos Alumnos e Amigos do Seminario. Ao longo da mañá houbo tempo para percorrer as exposicións, os espazos nos que moitos deles habitaron durante varios cursos e intercambiar recordos e impresións do seu paso por Belvís.

Aínda que se trataba dun encontro interxeneracional con distintas promocións, tiveron un lugar destacado os que remataron aquí os seus estudos fai agora 50 e 25 anos, deixando como recordo simbólico desta xornada, unha nova árbore nos espazos axardinados do centro formativo. A xornada completouse coa celebración da Santa Misa pedindo por aqueles que xa non están e unha comida á que se sumaron preto dun centenar de comensais.

Inauguración da VII Semana Cultural

Publicada en 25 febrero, 2019 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

El Seminario Menor de la Asunción acaba de dar comienzo a su VII Semana Cultural de San Rosendo, dedicada este año, de una manera particular, al Pórtico de la Gloria y a nuestra Catedral compostelana.

Con tal motivo, ayer se inauguraba en su sede de Belvís una ambiciosa exposición que permanecerá abierta hasta el 19 de marzo. En ella podrán volver a contemplarse las reproducciones de los instrumentos musicales del Pórtico, retirados desde el comienzo de las obras en la fachada del Obradoiro. Junto a ellos, también puede visitarse la exposición Misterio y sentido de Felix Carbó, recuperada en el edificio del Seminario Menor para su semana grande.

La jornada se completaba con una interesante conferencia a cargo de D. Daniel Lorenzo, presidente de la Fundación Catedral de Santiago, la visita guiada con todos los escolares por las principales plazas y calles de nuestra ciudad y la apertura del Museo sobre el legado del Cardenal Quiroga Palacios (enterrado precisamente a los pies del restaurado Pórtico).

Durante la jornada de hoy, todos los alumnos se trasladarán hasta Celanova con la intención de conocer la gloria de nuestros ancestros; en este caso la figura de San Rosendo y de los poetas Curros Enríquez y Celso Emilio Ferreiro.

El miércoles será el turno de poder acercarse hasta el Salón de Actos para disfrutar de la obra de teatro Arsénico por compasión, una adaptación realizada por el propio Seminario a partir de la versión cinematográfica. Por la mañana será para escolares y, ya por la tarde, abierta a todo el público. La entrada consistirá en un quilo de alimentos por persona para distribuir después entre instituciones de caridad de la ciudad. Estamos todos invitados a participar en esta interesante iniciativa mañana a las 18:30 horas.

Xente Lendo

En Twitter

Follow
Seminario Menor
@smasuncion
  • Celebracións de Advento - https://t.co/XAeKLjtMja https://t.co/z52fEdVDWq about 18 hours ago
  • Campionato de Tenis de Mesa - https://t.co/slTp5tzclu https://t.co/eH562OOvou 04:20PM - 3 Dec 2019
  • Matemáticas en Adviento - https://t.co/1wttA0BgNR https://t.co/xhMuZKvvgU 10:23AM - 3 Dec 2019
  • - https://t.co/YOaWlJOZqS https://t.co/tBMEpZm57U 01:41PM - 1 Dec 2019
  • Comezamos a prepararnos para o Nadal - https://t.co/34OVhzuTJY https://t.co/cyMO7C7XrV 09:09AM - 1 Dec 2019

Etiquetas

académico alumnos arte ayuda ayudas año de la misericordia barca de santiago camino de santiago caridad ciencias conferencias cultura curso 2013-14 curso 2014-15 curso 2015-16 curso 2016-17 curso 2017-18 curso 2018-19 curso 2019-20 deportes diócesis escola de pais exposición extraescolar felicidad festival inauguración letras libros misiones música navidad obispo oración ordenaciones padres paz peregrinación roma Santo Tomás semana cultural semda seminario teatro vocaciones

WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck requires Flash Player 9 or better.

Categorías

  • Circulares
  • Enlaces
  • Noticias
  • Atras
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • …
  • 33
  • Siguente

Páginas

  • Aviso Legal
  • Contacto
  • Curso Académico
  • Curso de Verano
  • Historia
  • Instalaciones
  • Plan de estudios
  • Saludo del Rector

Archivos

Categorías

  • Circulares
  • Enlaces
  • Noticias

Buscar

© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

necessary Always Enabled

non-necessary