logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saúdo do Reitor.
    • Calendario curso 2026-27.
    • Profesorado.
    • Historia
    • Equipo directivo.
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2025-2026
    • Contacto
  • Secretaría
    • Libros de texto curso 2026/2027.
      • Material escolar curso 2026/27.
      • Axenda Escolar 2026/27
      • Libros de lectura curso 26/27.
      • Adquisición de libros de texto e material escolar.
    • INFORMACIÓN BOLSAS DE ESTUDO MEC 26/27 CONVOCATORIA XERAL
    • Coñece o noso centro.
    • Matrícula curso 2026-2027.
    • Aberto o prazo de becas NEAE.
  • Instalacións
  • Actividades
    • XIII Semana Cultural San Rosendo 2026.
      • Primeira xornada da Semana Cultural.
      • Segunda xornada da Semana Cultural.
      • Terceira xornada da Semana Cultural.
      • Xornada na honra de San Rosendo.
      • Xornada do venres: Saúde e deporte.
    • Funeral de Benfeitores 2025.
    • Día de Acción de Gracias.
    • Castelao. Mirar por Galicia.
    • Programa Beda.
      • Good news!!
    • Grupo de teatro.
      • Representación “La Ratonera”
      • Representación: “La función que sale mal”
    • Club Deportivo Seminario Menor.
      • Triunfo del equipo de bádminton del colegio.
      • Fases finais de bádminton.
      • Triunfo no Campionato Galego.
      • As nosas alumnas, presentes no Campionato do Mundo de Cross en Estados Unidos.
      • Bádminton: parabéns Sara Sanjurjo!
        • Triunfo de equipo.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Escolas católicas.
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Servizos
    • Orientación.
      • Talleres EAS.
  • Pastoral
    • Día do Seminario.
    • Peregrinación do alumnado de 1º de Bacharelato.
    • Celebración Penitencial (CORESMA 2026).
    • Circular Encontro Diocesano de Adolescentes 2026
    • Recollida de alimentos.
    • Vixilia da Inmaculada 2025.
    • Día da Igrexa diocesana.
    • Domund 2025
    • Calendario de actividades Pastoral Curso 25-26.
    • Advento, tempo de respostas.
      • Celebracións do Advento.
    • Faladorio.
      • Faladoiro: “Peregrinos de esperanza”.
  • Biblioteca

Archivos de Etiquetas: seminario

Visita do Sr. Obispo Auxiliar

Publicada en 7 de febrero de 2020 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Sempre é unha ledicia acoller no Seminario aos nosos pastores. Cada vez que un sacerdote se achega ata nós, sentímonos queridos e arroupados polo noso presbiterio. Podemos imaxinar que outro tanto, se cadra en maior grado, sentimos cando veñen por aquí os nosos bispos.

Na tardiña do xoves, d. Jesús visitou o Seminario Menor para celebrar a Eucaristía coa comunidade de internos e compartir a cea co equipo de formadores. Agradecemos este detalle e esperamos que se repita moitas veces esta achega ata a que é a súa casa.

Aproveitamos tamén a ocasión para felicitar a D. Julián no día do seu aniversario de ordenación episcopal. Outro tanto para d. Jesús, que tamén celebra dita efeméride ao día seguinte.

Xornada de retiro

Publicada en 31 de enero de 2020 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

No proxecto educativo do Seminario Menor, ademais dos contidos académicos, procúrase que os alumnos tamén vaian crecendo nos distintos aspectos da vida. E aí, onde teñen cabida as saídas culturais, os traballos en equipo, a horta, o tempo de convivencia.

E un aspecto importante é o espiritual. O ofrecemento do día a primeira hora, o rezo do Ánxelus, as distintas celebracións litúrxicas serven para ir dándonos conta da presenza de Deus na nosa vida ordinaria.

Neste tema, os seminaristas internos viven de xeito mais profundo esta dimensión relixiosa, participando na Misa, rezando as Laudes, Vésperas e Completas, tendo momentos de adoración ao Santísimo, oportunidades de confesarse, e, unha vez ao mes, unha tarde de retiro espiritual.

Este mércores foi un día de retiro. Comezabamos coa introdución do tema, que viña marcado polo Domingo da Palabra, que celebramos o domingo pasado. Ver a importancia da Palabra de Deus na vida da Igrexa e na vida de cada un, foi o punto de partida. Isto dou pé a facer a lectio divina, que como propoñía os materiais desta xornada, foi o episodio dos Discípulos de Emaús. Despois ter un largo rato de oración dirixida, paramos para coller forza para á segunda parte, que tivo lugar na igrexa das Nais Dominicas. Alí unímonos ao rezo do santo Rosario e na celebración da Eucaristía.

Unha tarde para darnos conta que Xesús segue a acompañarnos no noso camiño, que nos busca, que quere estar con nós, aínda que ás veces non nos decatamos. Pero podemos rezar con confianza: “Quédate connosco, Señor”.

Manuel J. Formoso

Sementando dende o interior…

Publicada en 17 de enero de 2020 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Este xoves os alumnos de 1º, 2º e  3º da ESO saímos do centro para vivir un día diferente.

Dirixímonos a Curtis para, da man do sacerdote D. Víctor Blanco, coñecer unha inicativa de Igrexa adicada aos máis alonxados desta. Con claro espíritu misioneiro, atopámonos cunha casa do máis acolledora, todo un fogar,  que ademais D. Víctor dixo repetidas veces, ata o punto de crelo, que era a nosa casa. Contounos que era froito dun soño que tardou en poder materializarse pero que ás veces fai falla tempo e é necesaria a actitude de non conformarse. Na súa reconstrución houbo grandes e pequenas achegas, tanto económicas como de traballo. Cada recuncho  foi coidado con todo detalle, feito con cariño e sentido. Impresionounos! Tivemos tempo para preguntar e comentar. Por que esa cuncha con sangue na parede?, que escaleira máis curiosa, parece de Harry Potter!, unha lámpada que sobe e baixa, niños de todo tipo de paxaros e insectos…

Tras isto, e cunha rapaza, Bibi, fixemos unha actividade para coñecernos mellor a nós mesmos e aos demais compañeiros. Escribimos os nosos soños e analizamos que fortes e apoios tiñamos para conseguilos. Seguramente teñamos que facelo máis veces ao longo da nosa vida para redireccionala ou porque descubrimos que somos capaces de moitas máis cousas das que pensabamos. Que bo sería!

Despois de cantar un chisco, pasamos ao oratorio, que ademais é a habitación de D. Víctor. Rezamos, ofrecemos os noso soños ao Señor e compartimos un momento de silencio xuntos.

Tras comer de bocata, cantar e rir, descansar un pouco, gastar bromas…dirixímonos a coñecer a dimensión social de “A Raíña”, unha asociación que desenvolve un proxecto agrario compartindo a vida con persoas con dificultade para atopar traballo, presos do cárcere de Teixeiro, inmigrantes, extoxicómanos… Preparáronnos un obradoiro do máis divertido onde labramos a terra e sementamos e regamos un pedaciño que pronto dará leitugas e espinacas. Moitas grazas polo tempo compartido.

Redacción colaborativa  de María Bandín cos alumnos de 2º ESO.

Inmersión lingüístca Irlanda 26/27

Comedor Escolar.

« ‹ de 4 › »

Viaxe a Roma

Residencia.

Subvención do INEGA

Formación.

https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/06/VID-20240620-WA0002.mp4
  • Atras
  • 1
  • …
  • 38
  • 39
  • 40
  • 41
  • 42
  • …
  • 96
  • Siguente
© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR