(Pincha sobre a imaxe para acceder á circular enviada ás familias)
Archivos de Etiquetas: seminario
Calendario de Inicio de Curso
Tras o cambio de ritmo propio destes meses, o Seminario Menor da Asunción retoma a súa vida ordinaria e formativa coas distintas reunión do profesorado e o Retiro de inicio de curso.
Pouco a pouco, alumnos e familias iranse subindo ao carro coa ilusión e as esperanzas propias de todo novo comezo. Algunhas das citas máis importantes para ter en conta son as seguintes:
- Domingo 16, ás 19:00 h. Chegada de internos ao Seminario.
- Luns 17, ás 9:00 h. Comezo do curso escolar. Ás 11:30 h. terá lugar a celebración da Santa Misa e ás 12:30 h. o Acto académico. Ámbolos dous actos están abertos a participación das familias e amigos do Seminario.
- Venres 21, ás 16:00 h. Reunión de pais. É importante a participación de tódalas familias, pois este ano hai una serie de cambios que é preciso coñecer en detalle.
Nas vindeiras datas iremos subindo neste blog informacións varias e novidades sobre o curso escolar.
Calendario de exames de setembro
Faise pública a convocatoria de exames extraordinarios de setembro correspondentes ó curso 2017/2018 para os alumnos do Colexio Seminario Menor da Asunción:
| HORARIO | |||
| Hora | lúns, día 3 | martes, día 4 |
Lugar |
| 9 – 10’30 | Lingua Galega e Lit. | Lingua Castelá e Lit. | SALÓN
DE ESTUDIO |
| 10’30 – 10’45 | Descanso | Descanso | |
| 10’45 – 12’15 | Filosofía/Hª da Filosofía/ Matemáticas | Xeografía e Historia/ Hª. do Mundo Contemporáneo/Hª de España | |
| 12’15 – 12’30 | Descanso | Descanso | |
| 12’30 – 14’00 | Inglés | Arte / Ed. Plástica e V. /2ª L.E. Francés
|
|
| 4 – 5’30 | Latín / Mat. Aplicada ás CC.SS./ Música | Economía / Ed. Física | |
| 5’30 – 5’45 | Descanso | Descanso | |
| 5’45 – 7’15 | Grego / Bioloxía e Xeoloxía / Relixión | Tecnoloxías/T.I.C./ Física e Química | |
| IMPORTANTE: Os alumnos aos que lles poida coincidir algunha materia de exame á mesma hora, deben dirixirse ao seu Titor para buscar unha hora alternativa.
ATENCIÓN: Os alumnos beneficiados co cheque do Programa de Gratuidade de Libros deberían de ter entregados no Centro os libros ao remate das clases en xuño. No caso de facer algún exame na convocatoria de setembro levarán os libros no día de entrega de notas. |
|||
| AVALIACIÓN : Mércores día 5 en horario de mañá.
Entrega de notas: Mércores día 5, de 16:00 a 18:00 horas. Matrícula de setembro: A partir do 5 de setembro. |
|||


