logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Archivos de Etiquetas: trilema

Celebración da Aprendizaxe

Publicada en 4 de marzo de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

O pasado xoves tivemos unha nova Celebración da Aprendizaxe, na que as familias achegáronse ata o Centro para coñecer o progreso dos nosos estudos.

Nesta ocasión foi unha celebración distinta, posto que o noso proxecto foi tamén plantexado dun xeito diferente. Non traballamos cada curso unha temática distinta, senon que todos os cursos da ESO nos propuxemos coñecer, dende distintos ángulos, a Ribeira Sacra.

Seguindo as rutinas e metodoloxías propias de Trilema, abordamos a Ribeira Sacra sabendo que é unha terra onde… as pedras gardan mil segredos… o románico acompaña cada paso… o Miño leva a fama, pero o Sil a auga… a inspiración é atopada polos que a buscan… os heroes son os homes que a traballan… a tradición inunda o ambiente… o viño debuxa a paisaxe… E descubrimos un mundo apaixoante que nos abriu novos horizontes.

As familias foron quen de coñecer todo o noso traballo sobre os mosteiros, o ciclo do viño, a alfarería, os autores e o léxico da Ribeira Sacra, o románico, as xeometrías, a economía, o turismo, as lendas e historia, e un largo etcétera de distintas propostas nas que os alumnos se esmeraron por facer unha auténtica posta en escena.

Pinchando sobre a imaxe poderás atopar distintos momentos desta xornada.

Iniciamos proxecto global sobre a Ribeira Sacra

Publicada en 6 de febrero de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Hai uns días iniciamos un novo proxecto cheo de sorpresas, actividades, xogos e novas aprendizaxes. No horizonte, a Semana Cultural do colexio que celebraremos a primeira semana de marzo.

O día 20, os cursos de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO  tiveron unha xornada diferente; esperáballes un desafío inicial que os profesores plantexaron como un xogo de pistas, a través do que descubrían o tema central da Semana Cultural: A Ribeira Sacra

Aquí tedes algunhas das reflexións dos alumnos de 4º de ESO

Nicolás: “O desafío inical pareceume unha maneira boísima para aprender dunha forma máis divertida. Todas as probas parecéronme  interesantes e aprendín sobre colleitas, flora, fauna e mosteiros. Unha das probas que máis me gustou  foi a dos refráns. Gustaríame visitar a Ribeira Sacra xa que é un lugar precioso, alí hai unha excursión en barco que ten que ser impresionante. Quero ver a teoría na súa realidade.”

Ainhoa “Aprendimos moitas cousas sobre a historia do lugar, arte, música e paisaxe, traballando en equipo”

Carla : “O desafío inicial pareceume xenial e moi interesante, creo que deste xeito apréndese máis”

Yolanda Gómez

Faládenos do voso planeta

Publicada en 12 de diciembre de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Con motivo do remate do 2º proxecto de 1º de ESO titulado “Crónicas marcianas”, o pasado xoves 4 de decembro celebrouse a Festa de Aprendizaxe, na que participou o alumnado do curso xunto coas súas familias.

Neste proxecto mediado polo profesorado do área de Ciencias matemáticas e tecnoloxía, coa colaboración de outros profesores (titoría, francés, educación física), os alumnos e alumnas tiñan que actuar como seres de Marte, que recibiron a misión de explorar a Terra para ver a súas posibilidades de colonización.

Para elo tiveron que ir describindo o que se atopaban na medida que chegaban a este planeta, a súa atmósfera, a presencia de auga, a composición da Terra e a súa dinámica externa, dende o punto de vista biolóxico, físico, químico e matemático.

Unha vez feita unha brilante exposición por parte dos nosos extraterrestres, tiveron que facer unha crónica que expuxeron en un “Lap book” feito en tecnoloxía, na que resumían todo o proxecto.

Tras el, os familiares tiveron a oportunidade de apreciar o traballo dos seus fillos e fillas, nos “porfolios” onde se recollía o traballo persoal ao longo de este mes, e a súa participación no mesmo, podendo dialogar cos profesores implicados.

Fernando Berridi

O poder de aprender

Publicada en 14 de noviembre de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Doña Areceli fainos chegar a súa impresión das Xornadas de Escuelas que Aprenden, nas que acaba de participar.

“O  longo das xornadas estivemos acompañados de grandes profesionales e formadores, da talla de Elsa Punset, Carmen Pellicer, Andreas Schleicher, Juan Carlos Cubeiro, Ainara Zubillaga, María Batet, Juan Manuel Moreno, Fernando Reimers, Francesc Guarians, Andrés Conde entre outros; descubremos que pódese aprender a ser feliz, conectando e celebrando, como profesionales da educación debemos coidarnos, para poder coidar os nosos alumnos,  xa que é moi importante dar o que temos, non o que non temos, debemos ser conscientes das emocións e que vai da mano da razón na base de cada pensamento e as emocións contaxianse, de maneira que debemos contaxiar a felicidade e as ganas de aprender. 

Debemos ter en conta que a tecnoloxía non o é todo, temos que saber distinguir a realidade para poder chegar a entendela, tal e como indica Andreas Schleicher: Moitos xóvenes convertiron o mundo dixital como a súa realidade, e xurde o problema de non reconocer o que é real e o que non, por outra banda, realizou un análisis sobre a productividade aplicada as clases, vertendo datos que indican que un gran volumen de clases ou traballo, non quere dicir que teña que ser máis productivo, a reducción das clases, sendo de maneira máis instructivas e efectivas, verdadeiramente serán productivas, así como un aprendizaxe máis duradeiro e profundo levarase a cabo se temos en conta as tres M, das que fala Carmen Pellicer, estas son: a memoria, a motivación e a metacognición, e se ademáis decidimos que se vai a facer, as estratexias que activen o pensamento, a autoevaluación e acompañamos o alumnado, sen olvidarnos que TODOS SON IMPORTANTES, non só os mellores, senón todos.”

Xornadas Escuelas Que Aprenden

Publicada en 11 de noviembre de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Nestes días, unha pequena representación do profesorado está a participar nas Xornadas sobre Educación organizadas pola Fundación Trilema e dirixidas aos colexios que configuran a rede Escuelas Que Aprenden, a cal pertencemos.

Deixamos aquí un resumo do primeiro día, que nos facía chegar o noso secretario:

“A xornada inicial foi conducida polo experto internacional en liderazgo e  transformación Juan Carlos Cubeiro, que nos ofreceu unha panorámica do estado de crise sistémica que parece enraizar nos diferentes extractos sociais do noso pais, e que cristaliza coma unha falta de talento na actualidade, que so poderemos reverter xerando megasinerxias de traballo en equipo, permitíndonos  aprender a pensar novamente.

Posteriormente tivemos as conferencias. En primeiro lugar, a de Ainara Zubillaga, directora de educación e formación da Fundación COTEC, que versou sobre a innovación dende fora da caixa, e nos ofreceu unha recapitulación de distintas formas e ópticas de entender o concepto de innovación  nas distintas estruturas sociais e educativas da administración, para expresar finalmente que a innovación é unha cultura profesional que se aprende e práctica de forma constante.

En segundo lugar, a experta en creatividade e emprendemento María Batet, axudounos a afondar na aplicación do concepto de creatividade e o manexo de ferramentas para ofrecer unha maior liberdade os nosos alumnos. Fíxonos reflexionar sobre a aplicación de modelos abertos para aprender a mellorar a capacidade creativa dos mesmos; tendo sempre presente que debemos aceptar o reto de acompañar, inspirar e desafiar os alumnos.

Para finalizar a xornada o equipo da Fundación Trilema, encabezado por Carmen Pellicer, entregou as placas aos novos membros da Rede de Escolas Que Aprenden.”

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter