logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Archivos de Etiquetas: trilema

Tecendo a Historia. Desafío inicial de 2º ESO

Publicada en 10 de noviembre de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

O pasado venres inauguramos un novo proxecto en 2º da ESO que recibe o nome de “Tecendo a historia” e vainos levar, a través de varias materias, ao estudo da Idade Media. Como é habitual, comezamos co “Desafío inicial”. Este nome tan suxestivo non é casual, o que se pretende é que as actividades do primeiro día resulten estimulantes e promovan as ganas de saber máis sobre o tema.

O Desafío busca, en boa medida, a sorpresa no alumnado, e o obxectivo conseguiuse desde o primeiro momento, na chegada á propia aula, cuxa entrada simulaba un castelo medieval. O resto da mañá transcorreu fóra, visitando dous espazos moi relacionados co tema: o Pazo de Xelmírez e o Panteón Real na Catedral. Nunha vista guiada, recibiron información sobre a vida no Pazo e a importancia da figura de Xelmírez, e tiveron un primeiro contacto coa historia dos reis de Galicia.

Isto só acaba de empezar, seguiremos tecendo a nosa historia.

Begoña Campaña

Así comezou todo GRRR!

Publicada en 9 de noviembre de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Como se fai tradicionalmente ao finalizar un traballo,  tamén os nosos proxectos rematan en festa. Como se dun albaroque se tratase, celebramos a aprendizaxe e os nosos alumnos amosan aos seus pais, amigos ou familiares todo o traballo feito.

En 1º da ESO, tras finalizar o proxecto do ámbito sociolingüístico adicado á Prehistoria, o alumnado recibiu aos seus convidados e amosou as actividades realizadas arredor dese tema: a orixe do ser humano, das linguas, dos mitos,  da literatura popular. Ademais das recollidas nos seus porfolios persoais, puideron explicar múltiples actividades complementarias levadas a cabo ao longo do proxecto: pintura rupestre, saída ao teatro, práctica de arqueoloxía, etc

Este foi o 1º de moitos proxectos que virán despois, xa que formamos parte das “Escolas  que  Aprenden  #EQAp” que propoñen unha nova forma de ensino. Coa participación de varias materias no coñecemento dun tema de xeito transversal, pretendemos que a aprendizaxe sexa integral, que os alumnos interioricen mellor os coñecementos e adquiran ferramentas que lles permitan seguir aprendendo por si mesmos. Conscientes de que é un traballo a longo prazo, os froitos inmediatos resultan satisfactorios, á vista do resultado da Festa da Aprendizaxe vivida.

Begoña Campaña

Entramos a formar parte da rede Escolas que Aprenden

Publicada en 28 de octubre de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Con gran alegría dende este curso escolar  o colexio Seminario Menor xa  forma parte  de  “Escolas  que  Aprenden  #EQAp” unha  rede  crecente  de  escolas  cunha  gran  diversidade:  públicas,  concertadas  e  privadas,  grandes  e  pequenas,  dende  infantil  a  secundaria e FP,  que apoian  os  seus  procesos  de mellora  nun modelo  de  xestión  do  cambio  e  innovación  bautizado  coa  metáfora  de  cubo  Rubik.  Devandito  modelo  é  promovido pola Fundación Trilema. 

Esta fundación,  tras anos  de investigación e  práctica  docente,  consolidou un modelo  pedagóxico  e  educativo,  que  no  noso  centro  púxose  en marcha  no  curso  2021-2022.

Este  Modelo  Trilema  de  innovación  está validado  pola  Universidade  Autónoma  de  Madrid e céntrase na mellora comprometida da vida escolar para alcanzar a excelencia  educativa  e  poder  responder ás  necesidades  dos  alumnos: currículo,  metodoloxías,  avaliación,  organización,  personalización e liderado. Todos eles,  postos ao  servizo  da aprendizaxe integral.

Celebramos o Día Europeo das Linguas

Publicada en 27 de septiembre de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

O alumnado de 1º da ESO leva xa unhas semanas inmerso nun proxecto titulado “Así empezou todo…..” realizado seguindo o modelo pedagóxico Trilema nas aulas do ámbito sociolingüístico (historia, lingua galega e española fundamentalmente, pero tamén francés, inglés, plástica, educación física…).

Como o título apunta,  trátase de afondar dun xeito integral na evolución do ser humano  e, como elemento esencial desa evolución, estaría a orixe das linguas e a comunicación. Coincidindo co noso proxecto, o luns 26 de setembro celebrouse o Día Europeo das Linguas, instaurado pola Unión Europa no 2001 para poñer en valor a riqueza lingüística do continente e sumámonos á dita celebración. Descubrimos que existen en Europa máis de 225 linguas nativas, ás que habería que engadir outras 100 procedentes doutros continentes que usan a diario persoas inmigrantes. Un mundo de linguas!!

Begoña Campaña

Arrancamos con novos proxectos!!!

Publicada en 18 de septiembre de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Durante o pasado curso, o conxunto do profesorado continuou coa súa formación a través da Fundación Trilema. Buscamos afondar nas novas metodoloxías para obter os mellores éxitos no noso alumnado; comezamos a aplicar novas rutinas e dar unha volta á nosa forma de ensinar, sen descoidar todo aquilo que xa nos daba resultado.

Tras esta experiencia cós alumnos de 1º da ESO, decidimos a ampliar este novos métodos, de xeito paulatino, a outros cursos. E arrancamos!

Xa vos iremos contando en que consisten e os nosos avances. Polo de pronto, aquí vos deixamos os títulos dos dous primeiros e, premendo sobre eles, o enlace a algunhas fotografías do desafío inicial:

Así se empezou  Grrrrooooouuuuurrr….!, do ámbito sociolingüístico, con alumnos de 1º ESO.

Todo na súa xusta medida, do ámbito científico-tecnolóxico, con alumnos de 2º ESO.

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter

Follow
Seminario Menor
@smasuncion
  • Proxecto sobre Economía Circular - https://t.co/BZRHCKqqZb https://t.co/yUF5S7bk9N 10:36AM - 10 Oct 2022
  • Unha volta pola contorna - https://t.co/owqno0iSEV https://t.co/ALLx6IFJpB 09:50PM - 4 Oct 2022
  • Celebramos o Día Europeo das Linguas - https://t.co/LNewzWZcfk https://t.co/0LjKrWHPDo 08:32PM - 27 Sep 2022

En Facebook

Seminario Menor de la Asunción

13 hours ago

Seminario Menor de la Asunción

Photo

View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

Seminario Menor de la Asunción

3 days ago

Seminario Menor de la Asunción

Photo

View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

Seminario Menor de la Asunción

7 days ago

Seminario Menor de la Asunción
www.smasuncion.es/exposicion-fotografica/ ... See MoreSee Less

Exposición fotográfica

www.smasuncion.es

No contexto da Semana Cultural, dabamos apertura a unha interesante exposición fotográfica sobre persoas, costumes, lugares e obxetos que conforman as parroquias da nosa diocese compostelá. Foi ela
View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

Seminario Menor de la Asunción

7 days ago

Seminario Menor de la Asunción
Exposición fotográfica no Seminario Menor ... See MoreSee Less

Photo

View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

Seminario Menor de la Asunción

1 week ago

Seminario Menor de la Asunción

Photo

View on Facebook
· Share

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en LinkedIn Compartir por correo electrónico

En Instagram

Síguenos en Instagram

Etiquetas

1º BACH 1º ESO 2º BACH 2º ESO 3º ESO 4º ESO académico alumnos ano santo compostelán arte ayuda camino de santiago caridad ciencias conferencias cultura curso 2013-14 curso 2014-15 curso 2015-16 curso 2016-17 curso 2017-18 curso 2019-20 curso 2020-21 deportes diócesis escola de pais exposición extraescolar festival inauguración juventud letras libros navidad obispo oración padres peregrinación profesores semana cultural semda seminario teatro trilema vocaciones

WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck requires Flash Player 9 or better.

Categorías

  • Circulares
  • Noticias
  • Atras
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • Siguente

Archivos

Categorías

  • Circulares
  • Noticias

Buscar

© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR