Hoxe comezamos un novo proxecto titulado “A Arte de Comunicar” e como desafío inicial acompañamos ao noso alumnado da ESO á representación dunha obra teatral en inglés titulada “I Spy”, que tivo lugar no auditorio de ABANCA. Unha experiencia distinta e enriquecedora. As artes escénicas e en especial o teatro, son ferramentas moi útiles para fomentar a autoestima, reforzar a comunicación non-verbal e a oratoria, educar en valores, e incluso aprender idiomas dun xeito lúdico.
Rosa Ana Constenla


