Estes días estamos a traballar cunha nova técnica, o carboncillo.
Practicamos o claroscuro mentres facemos o debuxo dunha culler nun vaso con auga, todo un reto captar as transparencias e os brillos do cristal, o metal e a auga! .Quedamos coas mans negras, pero coido que o resultado paga a pena.