O pasado domingo comezabamos a preparación para o Nadal co tempo de Advento. A partires desa data o noso centro comezaba a transformarse con adornos e iniciativas propias desta época, das que vos iremos informando pouquiño a pouco. Aquí vos deixamos unha delas…
Hoxe tivemos en 1º da ESO un regalo especial: un calendario de Advento matemático.
Cada día abriremos unha caixiña que revelará unha proba para que resolvamos por parellas, en equipo ou de xeito individual. Tamén hai un premio cada día… do máis doce!!!.
Compartimos a proba que resolvemos neste 1º de decembro.
Bo Advento a todos!