Na véspera de san Rosendo contamos cunha fermosa visita. D. Cesáreo Canabal e D. Jesús Bello, sacerdotes xubilados e residentes da Casa Sacerdotal, viñeron compartir coa nosa comunidade e a do Seminario Maior Interdiocesano Santiago Apóstolo a súa experiencia vital de tantos anos de entregada sacerdotal. D. Cesáreo contounos a súa especial vinculación coa nosa xente do mar que dente o primeiro destino en Marín até o derradeiro en Riveira, pasando por Miño, tivo a sorte de coñecer, sendo el un rapaz dunha aldea de Boqueixón, a unha xente boa, xenerosa e profundamente relixiosa. Don Jesús explicounos como da man da Divina Providencia foi pasando de estudar Comercio a anunciar a boa nova en Bolivia, pasando por San Cristovo das Viñas, Carral, Murgardos e xubilándose na súa terra natal de Carballo. Os dous nos ensinaron que agora teñen o mellor e máis importante dos encargos, rezar por todos. Gracias don Cesáreo e don Jesús. Tamén compartiu a súa historia don Julián, arcebispo emérito. Tivemos a sorte de coñecer os pasos daquel neno de Manganeses que tivo no seu párroco don Álvaro unha inspiración para a entregarse ao servizo do Señor nos irmáns. Finalmente contamos coas palabras do noso Sr. Reitor que nos compartiu a gratitude que sinte por esta casa que foi de vital importancia para aquel neno de san Xulián de Langueirón, parroquia suprimida pero con dúas vocacións á vida consagrada, e que segue sendo de vital importancia para esta nova etapa de Reitor que ven de comezar este curso. Logo rezamos xuntos as primeiras vésperas solemnes presididas por D. Julián Barrio, arcebispo emérito e ceamos en irmandade nun ambiente festivo que desexamos repetir pronto. San Rosendo pide ao Señor pastores santos para esta Terra.
Amén



