Xa van uns cantos anos dende que no Seminario Menor se instalou a tradición de que, antes de remata-la ESO, os nosos alumnos teñan a oportunidade de coñecer de primeira man a cidade de Roma. Non se trata dun destino casual nin caprichoso, posto que se trata dunha das cidades que máis influíu na construcción da cultura occidental e lugar do martirio dos apóstolos Pedro e Paulo, columnas da nosa Igrexa.
Acompañados polo Sr. Reitor e máis polo seu Titor, ao longo de cinco días visitaron as catro Basílicas Maiores, o Coliseo e o Foro Imperial, as Catacumbas, as principais prazas e monumentos, etc. Houbo tempo tamén para disfrutar da gastronomía e das actividades do Parque de atraccións. Pero, sen dúbida algunha, o momento máis significativo foi a Audiencia co Santo Pai Francisco na praza de San Pedro. Sentados a uns poucos metros, puideron escoitar en directo e no seu estilo tan cercano unha hermosa exhortación a favor da paz e do compromiso cristián.
Na sección de fotos podes atopar varias imáxenes destes momentos.