Nestes días, unha pequena representación do profesorado está a participar nas Xornadas sobre Educación organizadas pola Fundación Trilema e dirixidas aos colexios que configuran a rede Escuelas Que Aprenden, a cal pertencemos.
Deixamos aquí un resumo do primeiro día, que nos facía chegar o noso secretario:
“A xornada inicial foi conducida polo experto internacional en liderazgo e transformación Juan Carlos Cubeiro, que nos ofreceu unha panorámica do estado de crise sistémica que parece enraizar nos diferentes extractos sociais do noso pais, e que cristaliza coma unha falta de talento na actualidade, que so poderemos reverter xerando megasinerxias de traballo en equipo, permitíndonos aprender a pensar novamente.
Posteriormente tivemos as conferencias. En primeiro lugar, a de Ainara Zubillaga, directora de educación e formación da Fundación COTEC, que versou sobre a innovación dende fora da caixa, e nos ofreceu unha recapitulación de distintas formas e ópticas de entender o concepto de innovación nas distintas estruturas sociais e educativas da administración, para expresar finalmente que a innovación é unha cultura profesional que se aprende e práctica de forma constante.
En segundo lugar, a experta en creatividade e emprendemento María Batet, axudounos a afondar na aplicación do concepto de creatividade e o manexo de ferramentas para ofrecer unha maior liberdade os nosos alumnos. Fíxonos reflexionar sobre a aplicación de modelos abertos para aprender a mellorar a capacidade creativa dos mesmos; tendo sempre presente que debemos aceptar o reto de acompañar, inspirar e desafiar os alumnos.
Para finalizar a xornada o equipo da Fundación Trilema, encabezado por Carmen Pellicer, entregou as placas aos novos membros da Rede de Escolas Que Aprenden.”