Coma ven sendo costume nos últimos anos, os alumnos de 4º ESO participaron nunha peregrinación a Roma para coñecer o berce da nosa cultura occidental e cristiá.
Ao longo de varios días tiveron tempo para coñecer a Roma imperial a través do Coliseo e os Foros, a Roma renacentista e barroca presente nas súas plazas e trazados, a Roma cristiá das basílicas, a Roma culinaria da pasta e a pizza, a Roma do divertimento nos seus parques de atraccións…
Sen dúbida, unha fermosa experiencia da que, os que xa levamos participando varios anos, nunca nos cansamos.