O pasado 1 de abril celebrouse o Día das Artes Galegas, adicado nesta ocasión a Luís Seoane. Os alumnos de 4ª da ESO, que xa o estudaran como escritor, prepararon unha presentación sobre esta figura fundamental da cultura galega.
Afondaron nas distintas facetas de Luís Seoane como artista plástico: nas historias que hai detrás dalgún dos seus cadros, dos seus gravados, murais, ilustracións. E descubriron que Seoane tamén está detrás de proxectos tan emblemáticos como Sargadelos ou o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, sempre colaborando con outra figura crucial, Isaac Díaz Pardo.