Este luns o noso alumnado da ESO recibiu a visita de Damien, un profesor irlandés que lles introduciu, desde unha perspectiva lúdica e gamificada, distintos aspectos da cultura americana.
Así puideron coñecer que as estrelas da súa bandeira, tamén chamada “Union Jack”, representan os 50 estados do país, que as 13 raias horizontais simbolizan as 13 colonias orixinais ou que os primeiros peregrinos chegaron en 1621 no “Mayflower” para poder vivir a súa relixión sen opresións. Un ano despois celebrarían unha festa para dar grazas pola súa primeira colleita, sendo a orixe de o día de “Acción de Grazas” ou “Thanksgiving day”.
Sen dúbida unha clase amena e distinta onde os nosos alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de potenciar a súa comprensión oral e apreciar outras culturas.
Rosana Constenla