logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Aquí seguimos!!

Publicada en 20 de marzo de 2020 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Fai xa unha semana dende que comezabamos esta situación anómala á que todos nos estamos adaptando. Espero que, a pesares das dificultades do momento, se atopen ben e con ánimo.

Tal e como anunciabamos na semana pasada, o profesorado segue a traballar dende as súas casas para intentar aproveitar ao máximo a nosa actividade académica a pesares das limitacións que estamos a vivir.

Cada día estanse a enviar e recibir tarefas para a súa corrección, marcando prazos e procedementos en cada unha das materias. Continúa, polo tanto, activa a plataforma Educamos xunto con outros medios virtuais, como o classroom e os correos corporativos de cada alumno.

 Dispoñémonos agora a facer unha primeira avaliación da resposta que se está a dar por parte do alumnado. Unha vez feita a valoración, porémonos en contacto coas familias daqueles casos que así o requiran.

Se teñen algunha cuestión que tratar, non dubiden en escribirnos un correo. Estaremos encantados de poder atendelos. Seguiremos tamén informando a través da páxina web e das redes sociais.

Tweet
« Día do Seminario
Carta do Director espiritual »

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter