logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saúdo do Reitor.
    • Calendario curso 2026-27.
    • Profesorado.
    • Historia
    • Equipo directivo.
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2025-2026
    • Contacto
  • Secretaría
    • Libros de texto curso 2026/2027.
      • Material escolar curso 2026/27.
      • Axenda Escolar 2026/27
      • Libros de lectura curso 26/27.
      • Adquisición de libros de texto e material escolar.
    • INFORMACIÓN BOLSAS DE ESTUDO MEC 26/27 CONVOCATORIA XERAL
    • Coñece o noso centro.
    • Matrícula curso 2026-2027.
    • Aberto o prazo de becas NEAE.
  • Instalacións
  • Actividades
    • XIII Semana Cultural San Rosendo 2026.
      • Primeira xornada da Semana Cultural.
      • Segunda xornada da Semana Cultural.
      • Terceira xornada da Semana Cultural.
      • Xornada na honra de San Rosendo.
      • Xornada do venres: Saúde e deporte.
    • Funeral de Benfeitores 2025.
    • Día de Acción de Gracias.
    • Castelao. Mirar por Galicia.
    • Programa Beda.
      • Good news!!
    • Grupo de teatro.
      • Representación “La Ratonera”
      • Representación: “La función que sale mal”
    • Club Deportivo Seminario Menor.
      • Triunfo del equipo de bádminton del colegio.
      • Fases finais de bádminton.
      • Triunfo no Campionato Galego.
      • As nosas alumnas, presentes no Campionato do Mundo de Cross en Estados Unidos.
      • Bádminton: parabéns Sara Sanjurjo!
        • Triunfo de equipo.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Escolas católicas.
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Servizos
    • Orientación.
      • Talleres EAS.
  • Pastoral
    • Día do Seminario.
    • Peregrinación do alumnado de 1º de Bacharelato.
    • Celebración Penitencial (CORESMA 2026).
    • Circular Encontro Diocesano de Adolescentes 2026
    • Recollida de alimentos.
    • Vixilia da Inmaculada 2025.
    • Día da Igrexa diocesana.
    • Domund 2025
    • Calendario de actividades Pastoral Curso 25-26.
    • Advento, tempo de respostas.
      • Celebracións do Advento.
    • Faladorio.
      • Faladoiro: “Peregrinos de esperanza”.
  • Biblioteca

Archivo del autor: Seminario Menor

Concluen os actos da Semana das Letras Galegas coa despedida dos alumnos de 2º de Bacharelato

Publicada en 17 de mayo de 2014 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

2º Bach 14A Semana das Letras Galegas chegou ao seu fin cunha emotiva despedida aos alumnos de 2º de Bacharelato. Non se trata dunha despedida en toda regra, posto que o mércores volverémolos a ver para a entrega de notas e a partir do xoves comezaranse a preparar para as probas da Selectividade. Tratouse dun acto sinxelo pero moi emotivo, tanto por parte do Señor Reitor (que na Eucaristía de Acción de Grazas resaltou a profunda pegada que deixa esta promoción), como por parte do Titor, do Padriño e dos Alumnos que interviron durante a imposición de becas. Mostra diso será o discurso de D. Tino que colgaremos nesta páxina nos próximos días.

Pero tamén foron outros os actos celebrados no Seminario ao longo da semana. Na mañá do mércores, o Deán da Catedral, D. Segundo L. Pérez, disertou con nos sobre a figura de Díaz Castro, ao que lle une non só a amizade persoal, se nón o ter nado na mesma localidade e estudado no mesmo Seminario. Dunha forma amena fíxonos un fermoso percorrido pola súa vida, os seus principios e a súa obra. Gaitas

Na tarde do xoves chegou o momento do Festival das Letras, no que compaxinamos distintas proxeccións coa lectura de poemas de Xoxé Mª. Díaz Castro e a actuación musical de varios alumnos do centro, acompañados de distintos amigos que quixeron botar unha man. Vaia dende aquí o noso agradecemento a D. Alberto Fraile e Dª. Yolanda por coordinar este acto e a tódolos alumnos que nel interviron.

Coma sempre, na sección de fotos poderedes atopar distintas instantáneas destes días.

Primeiros actos da Semana das Letras Galegas

Publicada en 13 de mayo de 2014 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Arraianos Fai poucos días publicabamos dende aquí o programa da Semana das Letras Galegas sinalando unha serie de actos a celebrar no Seminario Menor e encamiñados a profundizar un pouco máis en diversos aspectos da nosa cultura.

Na mañá do luns, coa colaboración do Departamento de Lingua do Concello de Santiago, Aser Álvarez, da fundación Arraianos e membro destacado no Audiovisual Galego, presentounos o seu traballo 100% CEF, un documental desenfadado sobre a figura de Celso Emilio Ferreiro, o gran poeta de Celanova a quen tamén se lle ten adicado o Día das Letras en anteriores edicións. Acudiu a facelo acompañado de Plácido, o seu profesor de Historia na época de Instituto, e que foi o que lle meteu no corpo o gusanillo do audiovisual.

Ao longo do martes, e da man do Departamento de Educación Vial do Concello de Narón e da autoescola Mata, as nosas instalacións acolleron unha serie de clases teórico prácticas encamiñadas a mellorar e concienciar todo o que fai referencia ao uso de vehículos. Se ben é certo que a función principal dunha lingua e favorecer a comunicación entre persoas, hoxe en día o uso dos medios de transporte vai encamiñado nesta mesma línea.

Agradecemos dende aquí a colaboración das diversas institucións antes sinaladas e invitamos a seguir participando no resto de actividades, que recordamos de seguido: Educación vial

– Conferencia sobre a figura de Xosé Mª. Díaz Castro, impartida por D. Segundo L. Pérez López, deán da Catedral de Santiago. Mércores 14 de maio ás 10:00 h.

– Festival das Letras. Alumnos do Seminario Menor da Asunción. Xoves 15 de maio ás 16:00 h.

– Acto Académico e Imposición de Becas aos Alumnos de 2º de Bacharelato. Venres 16 de maio ás 13:00 h.

– Escola de Pais: Coñecendo o TDH. Asociación Compostelá de Nenos hiperactivos. Venres 16 de maio ás 16:00 h.

Encontro coas familias de internos

Publicada en 13 de mayo de 2014 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

María TeresaTódolos anos, cando se achega o mes de maio, o Seminario Menor convoca ás familias dos seminaristas para pasar xuntos un día de convivencia. Tal día coincidiu este ano có Domingo do Bo Pastor, día 10 de maio.

Tras ter a oportunidade de visitar as salas dos museos que alberga o noso edificio, Dª. María Teresa Prado González, profesora titular de Ciencias da Educación coa especialidade de Pedagoxía, mestra de mestres como moitos a consideran, e nai de antigos alumnos, disertou con tódolos presentes sobre un tema tan amplo coma é o da familia, deténdose especialmente naquilo que fai referencia á escala de valores, a importancia da autoridade e o exemplo ou ás distintas etapas da educación, entre outros.

A celebración da Eucaristía constituíu o momento cumio da xornada e dou paso á comida de confraternidade, preparada con tanto esmero polo persoal da casa. O broche final puxoo un pequeno festival preparado polos alumnos, que tiveron que bregar na súa preparación cos exámenes do terceiro informe e ou fináis, coma é o caso de 2º de Bach. Coma sempre, unha ocasión de estrechar lazos entre a comunidade educativa e familiar de cara ao mellor desenvolvemento dos nosos rapaces.

Inmersión lingüístca Irlanda 26/27

Comedor Escolar.

« ‹ de 4 › »

Viaxe a Roma

Residencia.

Subvención do INEGA

Formación.

https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/06/VID-20240620-WA0002.mp4
  • Atras
  • 1
  • …
  • 379
  • 380
  • 381
  • 382
  • 383
  • …
  • 398
  • Siguente
© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR