Fai poucos días publicabamos dende aquí o programa da Semana das Letras Galegas sinalando unha serie de actos a celebrar no Seminario Menor e encamiñados a profundizar un pouco máis en diversos aspectos da nosa cultura.
Na mañá do luns, coa colaboración do Departamento de Lingua do Concello de Santiago, Aser Álvarez, da fundación Arraianos e membro destacado no Audiovisual Galego, presentounos o seu traballo 100% CEF, un documental desenfadado sobre a figura de Celso Emilio Ferreiro, o gran poeta de Celanova a quen tamén se lle ten adicado o Día das Letras en anteriores edicións. Acudiu a facelo acompañado de Plácido, o seu profesor de Historia na época de Instituto, e que foi o que lle meteu no corpo o gusanillo do audiovisual.
Ao longo do martes, e da man do Departamento de Educación Vial do Concello de Narón e da autoescola Mata, as nosas instalacións acolleron unha serie de clases teórico prácticas encamiñadas a mellorar e concienciar todo o que fai referencia ao uso de vehículos. Se ben é certo que a función principal dunha lingua e favorecer a comunicación entre persoas, hoxe en día o uso dos medios de transporte vai encamiñado nesta mesma línea.
Agradecemos dende aquí a colaboración das diversas institucións antes sinaladas e invitamos a seguir participando no resto de actividades, que recordamos de seguido:
– Conferencia sobre a figura de Xosé Mª. Díaz Castro, impartida por D. Segundo L. Pérez López, deán da Catedral de Santiago. Mércores 14 de maio ás 10:00 h.
– Festival das Letras. Alumnos do Seminario Menor da Asunción. Xoves 15 de maio ás 16:00 h.
– Acto Académico e Imposición de Becas aos Alumnos de 2º de Bacharelato. Venres 16 de maio ás 13:00 h.
– Escola de Pais: Coñecendo o TDH. Asociación Compostelá de Nenos hiperactivos. Venres 16 de maio ás 16:00 h.