Tódolos anos, cando se achega o mes de maio, o Seminario Menor convoca ás familias dos seminaristas para pasar xuntos un día de convivencia. Tal día coincidiu este ano có Domingo do Bo Pastor, día 10 de maio.
Tras ter a oportunidade de visitar as salas dos museos que alberga o noso edificio, Dª. María Teresa Prado González, profesora titular de Ciencias da Educación coa especialidade de Pedagoxía, mestra de mestres como moitos a consideran, e nai de antigos alumnos, disertou con tódolos presentes sobre un tema tan amplo coma é o da familia, deténdose especialmente naquilo que fai referencia á escala de valores, a importancia da autoridade e o exemplo ou ás distintas etapas da educación, entre outros.
A celebración da Eucaristía constituíu o momento cumio da xornada e dou paso á comida de confraternidade, preparada con tanto esmero polo persoal da casa. O broche final puxoo un pequeno festival preparado polos alumnos, que tiveron que bregar na súa preparación cos exámenes do terceiro informe e ou fináis, coma é o caso de 2º de Bach. Coma sempre, unha ocasión de estrechar lazos entre a comunidade educativa e familiar de cara ao mellor desenvolvemento dos nosos rapaces.