Ola a todos.
Desde a Fundación Trilema está a organizarse unha campaña de doazóns de material educativo, para que chegue ás zonas máis afectadas pola DANA que sufre Valencia, desde Cadernos de Pedagoxía, con apoio de momento de Insnovae, Mujeres líderes da Educación, Atlántida, Feceval, Ashoka, a Fundación Trilema, patronais, editoriais… Esta petición de axuda, tanto económica como de material, chamámola #DespuesdelBarro. Estes días están volcados limpando e levando comida e auga ás familias, pero o próximo é encher as escolas e garderías que o perderon todo… A campaña vai aparecer en Cadernos de Pedagoxía e o resto de redes sociais.
O noso centro súmase a esta iniciativa, difundindo e trasladándo as peticións e ofrecementos que nos cheguen de carácter educativo. Vai facer falta de todo, desde mobiliario escolar ata instrumentos musicais, libros para as bibliotecas escolares e, por suposto, tecnoloxía para as aulas….