Prezadas familias.
Desde as titorías de 1º, 2º e 3º de ESO, queremos recordarlles que hoxe luns pola tarde, terá lugar a festa de aprendizaxe como broche final dos proxectos da 1ª avaliación.
Esperamos que na medida das súas posibilidades nos poidan acompañar a partir das 17,00 horas.
– 1º de ESO explicará o traballado nas diferentes áreas sobre a prehistoria, as primeiras manifestacións artísticas, culturais ou relixiosas das primeiras comunidades humanas no proxecto titulado: “Así empezou….”.
– 2º de ESO traballou no proxecto “Todo na súa xusta medida” cuestións relacionadas con cómo funciona a ciencia? de qué maneira medimos a realidade?
– 3º de ESO no proxecto “Da primeira cociña á mais moderna” nos plantexa o desafio sobre como é o noso aparato dixestivo? Que é necesario para conseguer unha alimentación saudable? Como me coido? Que avances científicos melloran a vida humana?
Como sempre nos reuniremos na entrada principal ás 17,00 horas.