Esta mañá desafiamos a chuvia e 1º e 2º da ESO marchamos ao teatro, como cada ano, á nosa sesión de “galicreques”.
Nesta ocasión, tratábase dunha versión libre da comedia grega As avespas de Aristófanes da compañía catalana Fil de guà, que realizou o esforzo de adaptar para esta actuación o seu texto orixinal en catalán ao galego. Todo un luxo escoitar as dúas linguas e comprobar que podemos entendernos e que respectar é importante para coñecer ao outro. 










