Hoxe martes 24 de febreiro tanto o profesorado coma o alumnado do Seminario menor fixemos a anual saida cultural, ao redor das 9:30 da mañán saimos do colexio en dous autobuses cheos
de alumnos e de incertidumbre polos lugares que íamos visitar. Chegamos á nosa primeira parada O Mosteiro de Carboeiro, edificio románico do s. X constituido nunha pranta de cruz latina, con portadas nos pes e nos límites do transepto, polo exterior observamos as diferencias entre as pedras orixinais conservadas e as restauradas,a continuación, xunto a Xesús e Silvia entramos na igrexa principal no monasterio contemplando o corpo principal con elementos puramente góticos, e a cripta con elementos románicos contextualizando ese momento de transición entre as dúas correntes artísticas.
Continuamos a nosa peregrinaxe cara as Minas de Fontao no concello de Vila de Cruces, alí Chus falounos da historia desta vila e do seu elemento mais importante, o bolframio, este mineral tivo moita representación nos momentos de conflitos bélicos, á súa vez presentounos a Vila, creada en 1958, e tamen a igrexa, modernista ca absida de cristal pola cal observabase o ceo para así poder, según o capellán deses intres, achegar os pregos máis diretamente a Deus.
Na metade da nosa xornada compartimos un momento de tranquilidade e comida na Área recreativa A Carixa na que á súa vez tuvimos un tempo de xogos antes de continuar ca nosa actividade.
Para rematar a nosa xornada, contemplamos a gran labor de Galicia da ganderia e queixeria na Queixeria Verbas en Arzúa, ali Carlos explicounos como cambiou a actividades agraria dende
a antiguidade ata os nosos días e como os animáis teñen incluso mais importancia ca nosa.
Voltamos cara o colexio cunha nova perspectiva da sociedades galega Antiga e actual, así tamen co noso tema principal nesta XIII Semana Cultural, “Os Avós”, cos cales achegamonos a que somos un pobo cunha gran variedade e riqueza cultural.
Jesús Manuel Caamaño Botana


Esta tarde a partir das 16,30 horas, estades todos convidados á celebración da aprendizaxe, onde o alumnado de Secundaria mostrará ás familias e compañeiros todas as actividades realizadas este trimestre nos Proxectos.