logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saúdo do Reitor.
    • Calendario curso 2025-26.
    • Profesorado.
    • Historia
    • Equipo directivo.
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2025-2026
    • Contacto
  • Secretaría
    • INFORMACIÓN BOLSAS DE ESTUDO MEC 26/27 CONVOCATORIA XERAL
    • Coñece o noso centro.
    • Libros de texto para o curso 2025/2026.
    • Libros de lectura para o Curso 2025/2026.
    • Material escolar para o Curso 2025/2026.
    • Matrícula curso 2025-2026.
    • Aberto o prazo de becas NEAE.
    • Aberto o prazo solicitude Bolsas de Estudo 25/26.
  • Instalacións
  • Actividades
    • XIII Semana Cultural San Rosendo 2026.
      • Primeira xornada da Semana Cultural.
      • Segunda xornada da Semana Cultural.
      • Terceira xornada da Semana Cultural.
      • Xornada na honra de San Rosendo.
      • Xornada do venres: Saúde e deporte.
    • Funeral de Benfeitores 2025.
    • Día de Acción de Gracias.
    • Castelao. Mirar por Galicia.
    • Programa Beda.
      • Good news!!
    • Grupo de teatro.
      • Representación “La Ratonera”
      • Representación: “La función que sale mal”
    • Club Deportivo Seminario Menor.
      • Triunfo no Campionato Galego.
      • As nosas alumnas, presentes no Campionato do Mundo de Cross en Estados Unidos.
      • Bádminton: parabéns Sara Sanjurjo!
        • Triunfo de equipo.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Escolas católicas.
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Servizos
    • Orientación.
      • Talleres EAS.
  • Pastoral
    • Día do Seminario.
    • Peregrinación do alumnado de 1º de Bacharelato.
    • Celebración Penitencial (CORESMA 2026).
    • Circular Encontro Diocesano de Adolescentes 2026
    • Recollida de alimentos.
    • Vixilia da Inmaculada 2025.
    • Día da Igrexa diocesana.
    • Domund 2025
    • Calendario de actividades Pastoral Curso 25-26.
    • Advento, tempo de respostas.
      • Celebracións do Advento.
    • Faladorio.
      • Faladoiro: “Peregrinos de esperanza”.
  • Biblioteca

Category Archives: Noticias

Iniciando un novo curso

Publicada en 15 de septiembre de 2016 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

thumbnail_img_3956Parece que a data mais significativa ao comezar un novo ano é o 1 de xaneiro. Puidera selo, non digo eu que non. Mais son dos que defende que, na práctica, o que supón un auténtico inicio de ano (con todo o que isto supón… de nova etapa, novos plantexamentos, ilusións renovadas, etc.) é o comezo dun curso escolar. Para todos, esteamos vinculados ao mundo da educación ou non, o mes de setembro supón un punto de inflexión nas nosas vidas.

Con isto en mente, o Seminario Menor da Asunción, o noso Seminario Menor, inauguraba este xoves o curso 2016-2017. Facíao da man do noso Bispo Auxiliar, que presidiu a Celebración eucarística e dirixiu cordialmente unha profunda exhortación a perseverar na fidelidade ao estudo igual que María, Virxe das Dores, permaneceu fiel ao pe da Cruz. Foi tamén a oportunidade para que os nosos alumnos o felicitaran persoalmente no día do seu aniversario.

thumbnail_img_3959A Eucaristía dou paso, pouco despois, ao Acto académico, no cal o Sr. Reitor dirixía oficialmente as primeiras palabras a toda a comunidade educativa. No transcurso do mesmo, tivo lugar a lección inaugural a cargo do Prof. Fuentes González que, baixo o título Conmemorar, fixo un percorrido polo que supuxo a I Guerra Mundial e a Revolución Rusa en relación ás aparicións de Nosa Señora en Fátima, ao cumprirse o centenario de tales acontecementos.

Desexamos, dende aquí, un bo inicio de curso a toda a comunidade educativa, recordamos aos pais a reunión deste venres 16 ás 16:00 h. e invitamos a tódolos que o desexen a coñecer en calquera momento esta realidade ao servizo da nosa archidiocese, que é o Seminario Menor.

Salve, xuventude ardorosa

Publicada en 26 de agosto de 2016 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

IMG_3803Baixo este título tan suxerinte, e coa presenza do Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, D. Valentín García Gómez, foi presentado esta mañá no salón de actos do Seminario Menor un novo libro que recolle a experiencia dunha das primeiras promocións do noso centro, en concreto a de 1954-1966.

Coincidindo co 50 aniversario do remate dos seus estudos, tivo lugar unha xuntanza da devandita promoción. Houbo tempo para percorrer novamente os distintos espazos que no seu día encheron de vida, celebrar a Eucaristía, saudarse persoalmente e, como non, compartir xuntos o xantar.

É un motivo de ledicia, e o mesmo tempo unha satisfacción, volver acoller aos que nunca deixaron de formar parte da historia de Belvís, recordando así a tódolos antigos alumnos e amigos do Seminario que sempre terán abertas as portas desta súa casa.

Noraboa por este tipo de iniciativas!

Moitas grazas, Antonio! Aquí tes a túa casa

Publicada en 23 de agosto de 2016 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

IMG_3765Pódese dicir que a nosa vida é unha suma de distintas etapas. Unhas máis longas e outras máis breves: a nosa infancia, os nosos estudios, o noso traballo… Cada unha delas é diferente e aporta distintos matices a nosa experiencia. No caso de Antonio, xefe de mantemento do Seminario, toca pechar a etapa dos seus anos de traballo nesta institución: chegou o momento da súa xubilación.

Coma o propio Reitor recoñecía, trátase dun momento agridulce, pois xúntase a alegría de saber que acada un merecido descanso despois destes anos de entrega, pero tamén a mágoa por despedir a un dos traballadores máis queridos do Seminario.

Como pequeno recoñecemento e homenaxe, profesores e persoal da casa xuntabámonos este venres para sorprendelo cunha cea. No transcurso da mesma, d. Manuel Blanco improvisaba unhas palabras que transcribimos a continuación. Aproveitando que acaba de ser avó, toman a forma dunha carta que Antonio dirixe, en forma irónica, a súa netiña. Vale a pena léelas.

Querida netiña:

Agora que estou aquí contigo no Parlamento, o primeiro que tes que saber é que en Santiago hai dous Parlamentos. Un é o que fora cuartel e que está no Hórreo e outro é este palco de Belvís, onde xa viña meu pai, o teu bisavó, a arranxar o país. Aquí nunca houbo problemas para elixir goberno, e tamén sempre houbo algún fumado. Ti non copies bonitiña.

Tes una avoa marabillosa. Se teu pai soamente fose cousa miña, se cadra non saías tan fina, pero túa nai é especial. Dicíanme os curas que eu souben coller o tren de xoven e parar na estación de Atocha, porque era como lle chamaban ás monxas. Boa xente por certo. Eu deséxolles o mellor. Pero case que lle agradezo ao noso Señor que non levara á miña Elisiña por ese camiño. Nin a min polo de fumar e beber viño. Algún día, pequerrecha, contareiche como facía eu as beiras nesta casa grande que está aquí. Hoxe non podería facelo igual con tantas cámaras como hai. Moito se teñen metido os teus avós na cociña: “Elisiña, Elisiña, moito me doe esta perniña”. Tes un avó que sabes se vaia chover ou non, neniña.

Agora que me xubilo, acóllome á frase de Mª Carmen, a miña predecesora: “Mire, D. Manuel, eu así non lle podo”, Bueno, poder, poder si, pero o de podar “Ben que me amola”. Menos mal que agora os curas tamén poñen a funda, que os de antes eran máis señoritos.

Miña xoia. Tes que ser alegre como o teu avó. Eu nunca daba medo polos pasillos, aínda que levase unha chave inglesa na man. Agora hai mellor luz, pero houbo tempos en que non se podía dicir porque igual, tapa os oídos nena, me caía un “ostión”… Que gran tipo aquel Pérez Lado! D. Manuel poñía respeto. Aínda recordo a aviría nas caldeiras e el saír todo negro de alí, sen medo.

A min o medo de verdade non mo daba o baixo da miña escaleira, porque alí tiña de todo; dábamo meterme na cociña, porque alí si que había agullas, coitelo e sable. A min queríame facer un traxe e sempre perdía, e sempre o conseguían. Boas son as mulleres! Nin a miña nese caso! É como se estivese sólo porque José Ángel, neses combates, “é como quen non o ten”.

Querida nena, a min que no me chamen para irlles ao pavillón. Agora que tiren eles da cadea! A única que quero poñer agora é a dúas, para ver contigo os animaliños e descansar coma un rei.

Quérete o teu avó Antonio.

Comedor Escolar.

[
« ‹ de 6 › »

Viaxe a Roma

Residencia.

Subvención do INEGA

Formación.

https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/06/VID-20240620-WA0002.mp4
  • Atras
  • 1
  • …
  • 321
  • 322
  • 323
  • 324
  • 325
  • …
  • 386
  • Siguente
© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR