Felicitamos, dende aquí aos alumnos de 1º e 2º de Bacharelato, gañadores, respectivamente, dos concursos de Panxoliñas e Murais no Nadal deste ano.
Do mesmo xeito, vaia tamén a nosa cordial felicitación para D. Tino e Sabino Lema, sinalados polo xurado, como mellores actores na representación teatral de Moby Dick. Unha especial mención merece tamén o alumno Andrés Nieves, de 1º da ESO, pola súa ilusión e entrega na devandita obra.
A xornada deste ano daba comezo co repaso das panxoliñas e a visita por cursos ao belén instalado no estudio. Foron moitos os pais que tamén se achegaron a aprecia-los seus matices. Na celebración eucarística, o Sr. Reitor non deixou pasar a ocasión de invitarnos a tomar exemplo da figura de San Xosé, sempre nun segundo plano, pero esencial na obra de salvación.
No transcurso do festival, os distintos cursos interpretaron as panxoliñas que levaban ensaiando nas últimas semanas. Houbo tamén ocasión de visualizar os muráis que elaboraron nas clases e, por suposto, de levar a escena a representación que o grupo de teatro comezou a ensaiar xa no mes de outubro. Trátase dunha adaptación de Moby Dick, a gran balea branca. Para os que non tivéchedes ocasión de disfrutala, recordámosvos que haberá dous novos pases con ocasión da Semana Cultural, no mes de febrero.
Non podemos deixar de agradecer a ilusión e o bo facer de tódolos que fixéchedes posible esta xornada, de xeito especial, o traballo de Dª. Yolanda.
Agora toca descansar un pouco e de celebrar en familia a inmensa gracia do Nacemento do Fillo de Deus. Voltarémonos ve-las caras para o inicio das clases, o 7 de xaneiro (na tarde do 6, no caso dos internos). Bo Nadal para todos!!





