No pasado mes de outubro dabamos comezo a unha nova actividade: percorrer xuntos o tramo do Camiño portugués a Santiago que transcorre polas nosas terras. O domingo 12, tras unha breve catequese e a bendición do peregrino, saiamos da catedral de Tui rumbo a vila de Porriño, a nosa primeira etapa. Nesta ocasión partiremos dende a mesma vila coa intención de chegar a Redondela, onde, como cada xornada, xantaremos e celebraremos a Eucaristía dominical antes de voltar para o Seminario.
Recordamos, a continuación, algúns datos de interese que xa saíron en entradas anteriores:
– Data: Domingo 9 de novembro.
– Etapa: Porriño – Redondela.
– Material necesario: Calzado cómodo e forte, roupa de abrigo e para cambiarse (se nos mollamos), chubasquero, botellín de auga, comida de cada día…
– Saída: Dende o Seminario Menor de Santiago, ás 8:30 h.
– Inscripcións: Por correo electrónico, indicando: nome e apelidos, idade, relación có Seminario. Dirección: santiromero@smasuncion.es Sempre haberá correo de resposta para asegurar a inscripción. Ante calquer dúbida, podes escribir ao mesmo correo ou chamar ao 981 58 92 00.
– Prezo: Obviamente trátase dunha actividade gratuíta, pero é necesario que todos aportemos para dar resposta ás necesidades que temos, coma é o caso do autobús que nos levará e nos traerá cada día. Por iso pedimos unha aportación por persoa e día de 10 euros.
– Poden participar: Tódolos nosos alumnos (internos, externos e mediopensionistas), xunto coas súas familias, o profesorado e persoal do centro, así coma aqueles nenos e xóvenes que nos queran coñecer e están pensando na posibilidade de estudiar con nós nos vindeiros cursos.