O xogador internacional Rodrigo Sanjurjo Rivas lidera o novo club de bádminton de referencia na capital compostelá, o CB Santiago Seminario Menor, presentado hoxe nas instalacións do colexio Seminario Menor, onde terá a súa sede e onde adestrarán os máis de cincuenta deportistas que forman parte do club neste curso.
A base está composta por alumnado do Seminario Menor e de Casa do Neno, ademais doutros deportistas de Santiago e comarca, aos que o club recibe cos brazos abertos.
No acto de presentación estiveron presentes o Sr. Reitor do Seminario, D. José Manuel Taibo, o presidente da Federación Galega de Bádminton, D. Rodrigo Sanjurjo Pose, director técnico do club e profesor do centro, e o propio Rodrigo Sanjurjo Rivas, 15 veces campión de España, que vén de participar no Mundial Absoluto de París e na xira asiática coa selección nacional.
Agora, volve aos seus orixes para defender os intereses do club santiagués.





